19 Decembro 2023

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en setembro de 2023

Continúa o aumento da produción en Galicia (2,82% respecto ao mesmo mes de 2022), sendo un aumento maio que o rexistrado a nivel nacional (0,60%). En canto o prezo do leite, en Galicia situouse en 48,90 c/L, un prezo que segue a ser menor que a media do conxunto de España, que alcanza os 51,50 c/L.

  • Galicia lidera as entregas de leite en España no mes de setembro de 2023 con 242.138 t, representando un 42,38 % das entregas españolas (571.374 t). En Galicia as entregas aumentan con respecto ao mesmo mes do ano pasado en 6.648 toneladas (2,82%), mentres que no resto de comunidades se reduciron con respecto ao mes de setembro de 2022 en 3.267 toneladas (-0,98%); contrasta co aumento da produción nacional que aumenta en 3.381 toneladas (0,60%) respecto do mesmo mes do ano anterior.
  • Se analizamos o período xaneiro – setembro 2023 fronte a xaneiro – setembro 2022, no conxunto de España as entregas redúcense en 5.712t (-0,10%). Mentres continúa un aumento nas explotacións galegas (21.955 t; 0,98%), na maioría das comunidades prodúcese un incremento nas súas entregas; sendo Cataluña (-2.785t) a comunidade que máis diminúe e Navarra (1.218t) que máis aumenta a súa produción despois de Galicia.
  • As calidades do leite en España mantéñense, no caso da graxa (3,66% vs. 3,70%) e no caso da proteína (3,29% vs. 3,35%). Respecto ao mesmo mes do ano anterior tamén se manteñen estables, sendo a graxa (3,75% vs. 3,70%) e a proteína (de 3,33% vs. 3.35%). En Galicia a graxa aumenta un 5,3% (3,35% vs. 3,29%) respecto do mes anterior (Agosto de 2023) e a proteína mantense practicamente estable (3,35%). Se comparamos Galicia co resto de comunidades na graxa Galicia está por encima (3,81% vs. 3,62%) mentes que na proteína teñen o mesmo porcentaxe (3,35%).
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en setembro de 2023, situouse en 48,90 c/L, un valor similar aos 49,00 c/L do mes anterior. No conxunto de España dáse unha situación similar a galega, cunha mínima variación do prezo que se sitúa nos 51,50c/L fronte os 51,80 c/L do mes anterior. Respecto ao mes de Setembro de 2022 o prezo medio pagado aos produtores en Galicia subiu lixeiramente en 0,6c/L, mentres que en España o fixo en 2,0 c/L). A diferenza entre o prezo medio pagado en España e Galicia é 2,60 c/L sendo superior en España. Se se compara o prezo medio ponderado de Galicia (48,90 c/L) co medio ponderado do resto de comunidades autónomas (53,30 c/L) a diferencia é de 4,4c/L.
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) amosa un diferencial de prezos máis grande en Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal estandarizada é de 53,26 c/L, que aumenta ata 55,60c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 49,87 c/L.
  • Os prezos de setembro expresados en c/kg (47,48c/kg en Galicia e en 50,00 c/kg en España) 9,04% e un 14,83% superiores, respectivamente ao prezo medio ponderado da UE-27 (todo sen estandarizar), que se situou en 43,54 c/kg (-0,20% respecto a agosto e -20,12% respecto a setembro de 2022).
  • As entregas de leite ecolóxico en España ascenderon no mes de setembro a 3.008 toneladas (0,53% das entregas totais), cun prezo medio de 63,9 c/L. Destas, 1.611 toneladas foron de produtores galegos (46,44% sobre o total das entregas de leite ecolóxico a nivel nacional), representando o 0,67% das entregas totais de Galicia. O prezo medio pagado en Galicia situouse en 63,2 c/L.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.