Constituímos a Asociación Galega “TERRA e LEITE”, entidade sen ánimo de lucro, un grupo de expertos en distintos ámbitos do sector lácteo galego en alianza con persoeiros da sociedade en xeral que, partindo da independencia e aproveitando as posibilidades dos actuais medios de comunicación como as plataformas dixitais, pretendemos poñer en valor a producción de leite en Galicia e destacar a súa importancia para contribuír ao mantemento e revitalización dun país verde e cheo de posibilidades.
Galicia produce o 40 % do leite de España, un 55 % dos produtores de leite españois son galegos, a calidade e as técnicas de producción están na vangarda mundial, en cambio, a sociedade galega non sabe presumir deste sector, mais ben o ignora ou as veces ata o despreza. Os propios gandeiros prefiren dar pena antes que sentirse orgullosos, os medios de comunicación case sempre dan noticias negativas, os políticos deixaron de consideralo como unha boa despensa de votos, a industria está desarraigada da producción e a gran distribución infravalora o leite, baixando os prezos para utilizado de reclamo para un consumidor, en xeral, pouco informado.
A pesares de todo, a producción anual de leite sigue aumentando en Galicia e as explotacións leiteiras galegas seguen a modernizarse cunha profesionalidade envexable por todos sen que o resto da sociedade sexa consciente da súa gran importancia e achega para o desenvolvemento dun medio rural vivo e ordenado.
O noso colectivo, non pretende poñerlle deberes a ninguén, partimos da base que cada un dos actores está a facelo o mellor que pode e sabe. Tampouco pretendemos ser unha xestoría para resolver cuestión administrativas ou técnicas.
A nosa proposta consiste en facilitarlle a información e análises, que elaboramos no colectivo periodicamente, á sociedade no seu conxunto e incidir, en positivo, nos creadores de opinión, de todos aqueles que toman decisións, dos consumidores e do público en xeral, para que sexan mais conscientes da importancia de potenciar unha produción de leite baseada nunha utilización óptima dos medios dispoñibles, entre os que a TERRA é un dos mais relevantes, e favorecer así un desenvolvemento rural sostible.