26 Decembro 2023

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en outubro de 2023

A estas alturas do ano a produción (587.285 t) é semellante a do mesmo período do ano anterior (+0,03%), algo que non acontece co prezo do leite, que neste mes de outubro é 3,9 c/L inferior ao pagado no mesmo mes do pasado ano (51,70 vs 55,60 c/L). A diferenza de prezos coincide a nivel galego, xa que o prezo de leite na nosa comunidade baixou dos 53,00 c/L en outubro de 2022 aos 49,10 c/L en outubro deste ano.

  • Galicia continúa sendo a primeira produtora a nivel nacional con 246.030 t de leite producidas, o que representa un 41,89 % das entregas de España (587.285 t). En Galicia as entregas aumentan con respecto ao mesmo mes do ano pasado en 3.967 toneladas (1,04%), mentres que no resto de comunidades apenas existe variación con respecto ao mes de outubro de 2022 (-0,67%); no conxunto do estado a situación é a mesma, a produción aumenta en 3.489 toneladas (0,03%) respecto do mesmo mes do ano anterior.
  • Se analizamos o período xaneiro – outubro 2023 fronte a xaneiro – outubro 2022, no conxunto de España as entregas aumentan en  1.650t (0,03%). A nivel galego o aumento é de 25.987 t ( 1.04%). En canto o resto das comunidades autónomas, a comunidade que máis reduce a súa produción é Cantabria (-1.235t) fronte a Navarra (+1.268t) que é a que máis aumenta despois de Galicia. 
  • As calidades do leite en España mantéñense, no caso da graxa (3,70% vs. 3,79%) e no caso da proteína (3,35% vs. 3,39%). Respecto ao mesmo mes do ano anterior a graxa descende do 3,84% ao 3,79% e a proteína non varía (3.39%). En Galicia a graxa aumenta de 3,81% a 3,88% respecto do mes anterior (setembro de 2023) e a proteína aumenta do 3.35% ao 3.40%. Se comparamos Galicia co resto de comunidades na graxa Galicia está por encima (3,85% vs. 3,69%) mentes que na proteína manteñen porcentaxes similares (3.37% vs 3.35%).
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en outubro de 2023, situouse en 49,10 c/L, un valor similar aos 48,90 c/L do mes anterior. No conxunto de España dáse unha situación similar a galega, cunha mínima variación do prezo que se sitúa nos 51,70c/L fronte os 51,80 c/L do mes anterior. Respecto ao mes de outubro de 2022 o prezo medio pagado aos produtores en Galicia baixou 3.90c/L (Dos 53,00 aos 49,10 c/L), a mesma variación que no conxunto de España (de 55,60 a 51,70 c/L). A diferenza entre o prezo medio pagado en España e Galicia continúa sendo de 2,60 c/L, ao igual que no mes anterior. Se se compara o prezo medio ponderado de Galicia (49.45 c/L) co medio ponderado do resto de comunidades autónomas (54,90 c/L) a diferencia é de 5,49c/L (11,10 % menor).
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) amosa un diferencial de prezos máis grande en Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal estandarizada é de 52,69 c/L, que aumenta ata 54,90c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 49,45 c/L.
  • Os prezos de outubro expresados en c/kg (48,01c/kg en Galicia e en 51,16 c/kg en España) 8,40% e un 15,51% superiores, respectivamente ao prezo medio ponderado da UE-27 (todo sen estandarizar), que se situou en 44,29 c/kg (+2% respecto a setembro e -21,79% respecto a outubro de 2022).
  • As entregas de leite ecolóxico en España ascenderon no mes de setembro a 3.223 toneladas (0,55% das entregas totais), cun prezo medio de 63,9 c/L. Destas, 1.694 toneladas foron de produtores galegos (55,00% sobre o total das entregas de leite ecolóxico a nivel nacional), representando o 0,69% das entregas totais de Galicia. O prezo medio pagado en Galicia situouse en 63,0 c/L.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.