2 Novembro 2023

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en agosto de 2023

O prezo medio pagado polo leite en Galicia situouse en 49,0 c/L, mentres que en España o prezo foi de 51,8 c/L. Respecto ao mesmo mes do ano pasado, o prezo medio pagados aos produtores en Galicia subiu un 6,06% (+2,80c/L), mentres que en España fíxoo un 8,82% (4,20c/L).

  • Galicia continúa liderando as entregas de leite no mes de agosto de 2023 con 251.805 t, representando un 42,19 % das entregas españolas (592.772 t). En Galicia as entregas aumentan con respecto ao mesmo mes do ano pasado en 3.212 toneladas (1,29%), mentres que no resto de comunidades se reduciron con respecto ao mes de agosto de 2022 en 4.362 toneladas (-1,25%); reducíndose tamén a produción nacional, en 1.150 toneladas (-0,19%) respecto do mesmo mes do ano anterior.
  • Ao analizar o período xaneiro – agosto 2023 fronte a xaneiro – agosto 2022, no conxunto de España as entregas redúcense en 9.528t (-0,19%). Mentres se produce nas explotacións galegas un aumento das entregas (15.307 t; 0,76%), ao tempo que as principais comunidades produtoras reducen as súas entregas (Asturias -2,24%; Andalucía -0,77%; Cantabria -1,82%; Castela e León -0,69; Cataluña -0,23%).
  • As calidades do leite en España aumentaron desde o mes pasado no caso da graxa (3,66% vs. 3,62%) e mantéñense no caso da proteína (3,29% vs. 3,29%). Respecto ao mesmo mes do ano anterior a graxa aumenta (3,66% vs. 3,64%) e a proteína aumenta nun 0,92% (de 3,26% no 2022 a 3,29% no 2023). En Galicia a graxa aumenta (3,76% vs. 3,72%) respecto do mes anterior (xullo de 2023) e a proteína mantense (3,31%). En canto ao diferencial de Galicia co resto de comunidades na graxa é máis amplo (3,76% vs. 3,59%) que na proteína (3,31% vs. 3,28%), sendo superior o de Galicia.
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en agosto de 2023, situouse en 49,00 c/L, un descenso de 2,30 céntimos respecto do mes anterior, mentres que en España a reducción de prezo respecto de xullo de 2023 é de 1,20 céntimos (-2,26%), ata 51,80 c/L. Respecto ao mes de agosto de 2022 o prezo medio pagado aos produtores en Galicia subiu un 6,06% (+2,80c/L), mentres que en España o fixo nun 8,82% (+4,20 c/L). A diferenza entre o prezo medio pagado en España e Galicia é 2,80 c/L superior en España. Se se compara o prezo medio de Galicia (49,00 c/L) co medio ponderado do resto de comunidades autónomas (53,8 c/L) a diferencia é de 4,8 c/L.
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) amosa un diferencial de prezos máis grande en Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal estandarizada é de 54,10 c/L, que aumenta ata 56,70 c/L se non se ten en conta a producción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 50,45 c/L.
  • Os prezos de agosto expresados en c/kg (47,57c/kg en Galicia e en 50,29 c/kg en España) 8,99% e un 15,21% superiores, respectivamente ao prezo medio ponderado da UE-27 (todo sen estandarizar), que se situou en 43,65 c/kg (0,16% respecto a xullo e -16,65% respecto a agosto de 2022).
  • As entregas de leite ecolóxico ascenderon no mes de agosto a 3.166 toneladas (0,53% das entregas totais), cun prezo medio de 62,5 c/L. Destas, 1.743 toneladas foron de produtores galegos (55,05% sobre o total das entregas de leite ecolóxico a nivel nacional), representando o 0,69% das entregas totais de Galicia. O prezo medio pagado en Galicia situouse en 63,6 c/L.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.