7 Xuño 2020

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en abril de 2020

O prezo medio pagado polo leite en Galicia en abril de 2020 situouse en 32,4 c/L, un aumento de 0,1 c/L (+0,31%) en relación ao mes anterior, mentres que en España situouse en 33,2 c/L, unha caída de 0,1 c/L (-0,30%). Respecto ao mesmo mes do ano pasado, o prezo medio pagado aos produtores aumentou en Galicia nun 2,86% (+0,9 c/L), mentres que en España fíxoo nun +1,84% (+0,6 c/L).

  • Galicia lidera as entregas de leite en España no mes de abril con 246.065 t, representando un 38,68% das entregas en España (636.083 t). As entregas, tanto en Galicia como no conxunto do resto de comunidades, aumentan con respecto ao mesmo mes do ano pasado (9.292 t en Galicia e 6.493 t no resto de comunidades).
  • Se analizamos o período xaneiro-abril 2020 fronte a xaneiro-abril 2019, no conxunto de España as entregas aumentan en 82.904 t (+3,45%). Neste incremento destacan Galicia, cun aumento de 35.364 t, Cataluña, con 12.204 t e Castela e León, con 11.053.
  • As calidades do leite en España descenden levemente respecto ao mes previo (-0,27% a graxa e -0,30% a proteína), pero respecto ao mesmo mes do ano pasado a graxa mantivo o seu valor e a proteína aumentou un +0,61%. As calidades do leite de Galicia seguen diferenciándose do resto de comunidades polo elevado valor da graxa (3,82% vs. 3,62%).
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia en abril de 2020 situouse en 32,4 c/L, un aumento de 0,1 c/L (+0,31%) en relación ao mes anterior, mentres que en España situouse en 33,2 c/L, unha caída de 0,1 c/L (-0,30%). Respecto ao mesmo mes do ano pasado, o prezo medio pagado aos produtores aumentou en Galicia nun 2,86% (+0,9 c/L), mentres que en España fíxoo nun +1,84% (+0,6 c/L).
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) continúa amosando un diferencial de prezos máis grande entre Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal é de 34,5 c/L, que aumenta ata 35,2 c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 33,1 c/L. Este aumento da diferenza dos prezos está influenciado pola maior cantidade de graxa do leite galego.
  • Os prezos de marzo expresados en c/kg (32,33 en España e 31,46 en Galicia) son un 5,54% e un 8,10% inferiores, respectivamente, do prezo medio ponderado da UE-27 (todos sen estandarizar), que se situou en 34,23 c/quilo (-0,52% respecto a marzo e -0,33% respecto a abril de 2019).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.