8 Xullo 2020

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en maio de 2020

Galicia lidera as entregas de leite en España no mes de maio con 253.708 t, representando un 39,12% das entregas en España (648.618 t). As entregas, tanto en Galicia como no conxunto do resto de comunidades, aumentan con respecto ao mesmo mes do ano pasado, pero de forma moito máis destacada na comunidade galega, representando o 87,1% do incremento estatal (9.760 t en Galicia e 1.440 t no resto de comunidades).

  • Galicia lidera as entregas de leite en España no mes de maio con 253.708 t, representando un 39,12% das entregas en España (648.618 t). As entregas, tanto en Galicia como no conxunto do resto de comunidades, aumentan con respecto ao mesmo mes do ano pasado, pero de forma moito máis destacada na comunidade galega, representando o 87,1% do incremento estatal  (9.760 t en Galicia e 1.440 t no resto de comunidades).
  • Se analizamos o período xaneiro-maio 2020 fronte a xaneiro-maio 2019, no conxunto de España as entregas aumentan en 94.105 t (+3,09%). Neste incremento destacan Galicia, cun aumento de 45.124 t, Cataluña, con 11.875 t e Andalucía, con 11.766.
  • As calidades do leite en España descenden respecto ao mes previo (-1,62% a graxa e -0,91% a proteína), pero mantéñense estables respecto ao mesmo mes do ano pasado. As calidades do leite de Galicia seguen diferenciándose do resto de comunidades polo elevado valor da graxa (3,76% vs. 3,56%).
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia en maio de 2020 situouse en 32,1 c/L, un descenso de 0,3 c/L (-0,93%) en relación ao mes anterior, mentres que en España situouse en 32,9 c/L, unha caída de 0,3 c/L (-0,90%). Respecto ao mesmo mes do ano pasado, o prezo medio pagado aos produtores aumentou en Galicia nun 2,56% (+0,8 c/L), mentres que en España fíxoo nun 1,23% (+0,4 c/L).
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) continúa amosando un diferencial de prezos máis grande entre Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal é de 34,5 c/L, que aumenta ata 35,3 c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 33,1 c/L. Este aumento da diferenza dos prezos está influenciado pola maior cantidade de graxa do leite galego.
  • Os prezos de maio expresados en c/kg (31,94 en España e 31,17 en Galicia) son un 3,59% e un 5,93% inferiores, respectivamente, do prezo medio ponderado da UE-27 (todos sen estandarizar), que se situou en 33,13 c/quilo (-1,16% respecto a abril e -2,86% respecto a maio de 2019).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.