11 Xaneiro 2024

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en novembro de 2023

Pese a que continúa a baixada de produción propia de esta época do ano, en Galicia producíronse 1.555t (0,27%) máis que no mesmo mes do ano pasado. O prezo medio en Galicia acumula catro meses de estabilidade, sendo de 49.20 c/L neste mes de novembro. Este prezo é un 3 céntimos menor que a media do estado (52.2 c/L).

  • Galicia é a primeira produtora a nivel nacional con 237.689t de leite producidas, o que representa un 41,59 % das entregas de España (571.548t). Pese a que continúa a baixada de produción propia de esta época do ano, en Galicia producíronse 1.555t (0,27%) máis que no mesmo mes do ano pasado e no conxunto de España 2.492t (1,06%).
  • Se analizamos o período xaneiro – novembro 2023 fronte a xaneiro – novembro 2022, no conxunto de España as entregas aumentan en  3.375t (0,05%). A nivel galego o aumento é de 28.479 t ( 1.04%). En canto o resto das comunidades autónomas, a comunidade que máis reduce a súa produción é Asturias (-9.496t) fronte a Navarra (+8534t) que segue a ser a que máis aumenta despois de Galicia. 
  • As calidades do leite en España continúan a subir dende os meses do verán, acadando uns valores do 3.89% de graxa e 3.45% de proteína. Se comparamos Galicia co resto de comunidades, no caso da graxa, Galicia está un 3.1% por encima do resto, mentes que para a proteína manteñen unha porcentaxe similar.
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia non sufriu grandes variacións nestes últimos catro meses, sendo de 49.20 c/L neste mes de novembro. No conxunto de España dáse a mesma situación, acadando os 52.20 c/L neste mes. Se comparamos os prezos cos do ano 2022, no caso galego o prezo é 8.4 c/L menor (49.20 c/L vs 57.60 c/L) e no conxunto de España é 6.5 c/L menor (52.20 c/L vs 58,70 c/L). A diferenza entre o prezo medio pagado entre  España e Galicia neste mes de novembro é de 3 c/L. Se se compara o prezo medio ponderado de Galicia (48.91 c/L) co medio ponderado do resto de comunidades autónomas (54,80 c/L) a diferencia é de 5,89c/L (12 % menor).
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) amosa un diferencial de prezos máis grande en Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal estandarizada é de 52,30 c/L, sendo en Galicia de 49,20 c/L.
  • Os prezos de outubro expresados en c/kg (48,01c/kg en Galicia e en 51,16 c/kg en España) 8,40% e un 15,51% superiores, respectivamente ao prezo medio ponderado da UE-27 (todo sen estandarizar), que se situou en 44,29 c/kg (+2% respecto a setembro e -21,79% respecto a outubro de 2022).
  • As entregas de leite ecolóxico en España ascenderon no mes de setembro a 3.071 toneladas (0,54% das entregas totais), cun prezo medio de 64,8 c/L. Destas, 1.600 toneladas foron de produtores galegos (48% sobre o total das entregas de leite ecolóxico a nivel nacional), representando o 0,67% das entregas totais de Galicia no mes de novembro. O prezo medio pagado en Galicia situouse en 63,6 c/L.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.