10 Xaneiro 2020

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en novembro 2019

O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en novembro de 2019, situouse en 32,6 c/litro, un incremento de +0,5 c/litro (+1,56%) en relación ao mes anterior. En España, o prezo pagado en novembro tamén aumentou con respecto ao mes de outubro, situándose en 34,0 c/litro (+2,72%).

  • Galicia lidera as entregas de leite en España no mes de novembro, con 223.324 ton, representando un 39,28% das entregas en España (568.571 ton). As entregas, tanto en Galicia como no conxunto do resto de comunidades, aumentan por segundo mes consecutivo, con respecto aos mesmos meses do ano pasado, por riba do 3% (neste mes, +7.851 ton en Galicia e +11.496 ton no resto de comunidades).
  • Se analizamos o período xaneiro-novembro 2019 fronte a xaneiro-novembro 2018, no conxunto de España as entregas aumentan en 90.979 ton (+1,40%). Neste incremento destacan Galicia, cun incremento de 41.847 ton, Castela e León, con 19.197 ton e Andalucía, con 12.615 ton.
  • As calidades do leite en España, tanto graxa como proteína, seguen coa tendencia dos últimos meses, incrementando o seu valor medio con respecto ao mes previo, no caso da graxa nun 2,4% e no caso da proteína nun 1,5%. En Galicia estes valores aumentan de forma máis modesta, pero segue mantendo un gran diferencial na cantidade de graxa respecto do resto de comunidades (3,94% vs. 3,78%).
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en novembro de 2019, situouse en 32,6 c/litro, un incremento de +0,5 c/litro (+1,56%) en relación ao mes anterior, similar ao ano pasado, polo que se segue mantendo o diferencial positivo anual de +0,7 c/litro (+2,19%) co prezo pagado no mesmo mes de 2018.
  • En España, o prezo pagado en novembro tamén aumentou con respecto ao mes de outubro, situándose en 34,0 c/litro (+2,72%), o que supón o 2,10% máis con respecto a novembro de 2018. O prezo pagado en España se non se inclúen os datos de Galicia é un 6,6% (+2,2 c/litro) superior ao prezo do leite en Galicia.
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) reflicte aínda un diferencial de prezos máis grande entre Galicia e o resto de comunidades autónomas. A media estatal é de 34,6 c/litro, que aumenta ata 35,5 c/litro se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 32,7 c/litro. Este aumento da diferenza dos prezos está influenciado pola maior cantidade de graxa do leite galego.
  • Os prezos de novembro expresados en c/quilo (33,01 en España e 31,65 en Galicia) son un 6,51% e un 10,36% inferiores, respectivamente, do prezo medio ponderado da UE-28 (sen estandarizar), que no mes de novembro de 2019 se situou en 35,31 c/quilo (+1,12% respecto a outubro de 2019 e -2,11% respecto a novembro de 2018).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.