20 Decembro 2019

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en outubro 2019

O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en outubro de 2019, situouse en 32,1 c/litro, un incremento de +0,6 c/litro (+1,90%) en relación ao mes anterior, similar ao ano pasado, polo que se segue mantendo o diferencial positivo anual de +0,7 c/litro (+2,23%) co prezo pagado no mesmo mes de 2018.

  • Galicia lidera as entregas de leite en España no mes de outubro, con 231.024 ton, representando un 39,21% das entregas en España (589.232 ton). As entregas, tanto en Galicia como no conxunto do resto de comunidades, aumentan con respecto ao mesmo mes do ano pasado por riba do 3% (+7.679 ton en Galicia e +12.465 ton no resto de comunidades).
  • Se analizamos o período xaneiro-outubro 2019 fronte a xaneiro-outubro 2018, no conxunto de España as entregas aumentan en 71.633 ton (+1,21%). Neste incremento destacan Galicia, cun incremento de 33.996 ton, Castela e León, con 16.904 ton e Andalucía, con 10.095 ton.
  • As calidades do leite en España, tanto graxa como proteína, seguen coa tendencia dos últimos meses, incrementando o seu valor medio con respecto ao mes previo, no caso da graxa nun 1,6% e no caso da proteína nun 1,2%. En Galicia estes valores aumentan nunha proporción similar, destacando o elevado valor da graxa respecto do resto de comunidades (3,87% vs. 3,67%).
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en outubro de 2019, situouse en 32,1 c/litro, un incremento de +0,6 c/litro (+1,90%) en relación ao mes anterior, similar ao ano pasado, polo que se segue mantendo o diferencial positivo anual de +0,7 c/litro (+2,23%) co prezo pagado no mesmo mes de 2018.
  • En España, o prezo pagado en outubro tamén aumentou con respecto ao mes de setembro, situándose en 33,1 c/litro (+1,53%), o que supón o 1,85% máis con respecto a outubro de 2018. O prezo pagado en Galicia comparado co prezo ponderado pagado no resto de comunidades segue a ser máis baixo, neste mes 1,6 c/litro, polo que o prezo medio pagado no resto de España é un 4,87% superior.
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) reflicte aínda un prezo máis baixo en Galicia en comparación co resto de comunidades autónomas. A media estatal é de 34,1 c/litro, que aumenta ata 35,0 c/litro se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 32,6 c/litro. Este aumento da diferenza dos prezos está provocado polas maiores calidades do leite galego.
  • Os prezos de outubro expresados en c/quilo (31,7 en España e 30,6 en Galicia) son un 7,96% e un 10,75% inferiores, respectivamente, do prezo medio ponderado da UE-28 (sen estandarizar), que no mes de outubro de 2019 se situou en 34,92 c/quilo (+1,54% respecto a setembro de 2019 e -2,54% respecto a outubro de 2018).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.