2 Xullo 2023

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en xaneiro de 2023

O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en xaneiro de 2023, situouse en 58,80 c/L, fronte aos 59,90c/L no conxunto de España. No que atinxe ás entregas , Galicia lideráas a nivel nacional, con 251.728 t, un 40,76% das entregas en España no mes de xaneiro (617.635 t).

  • Galicia lidera as entregas de leite en España no mes de xaneiro con 251.728 t, representando un 40,76% das entregas españolas (617.635 t). Continúan rexistrándose producións inferiores ao mesmo mes do ano anterior, en Galicia un-1,56% (3.930 t), mentres que no resto de comunidades e do -2,22% (-8.296 t), polo que a caída a nivel nacional é do -1,94% (-12.226 t).
  • As calidades do leite en España non aumentan con respecto do mes pasado, a graxa disminúe (de 3,92 a 3,91%) e a proteína mantense en 3,44%. O diferencial de Galicia co resto de comunidades no valor da graxa é amplo (3,98% vs. 3,34%) cunha marxe máis estreita no caso da proteína, sendo máis baixo en Galicia (3,42% e 3,45%).
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia en xaneiro de 2023, situose en 58,80 c/L, un incremento de 0,2 céntimos (0,34%) en relación ao mes anterior, da mesma forma en España fíxoo tamén nun 0,34% (+0,20 c/L), ata os 59,90 c/L. Respecto ao mesmo mes do ano pasado o prezo medio pagado aos produtores subiu en Galicia un 63,79% (+22,90 c/L), mentres que en España fíxoo un 61,46% (22,80 c/L). A diferenza entre o prezo medio pagado no Estado e en Galicia é de 1,1 c/L, cunha diferenza de 1,9 c/L ao comparar o pagado en Galicia co prezo medio ponderado do resto de comunidades autónomas (60,7 c/L).
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) continúa amosando un diferencial de prezos máis grande entre Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal estandarizada é de 60,0 c/L, que aumenta ata 61,1 c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 58,4 c/L.
  • Os prezos de xaneiro expresados en c/kg (58,16 en España e 57,80 en Galicia) son un 4,34% e 6,60% superiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-27 (todos sen estandarizar), que se situou en 55,74 c/kg (-4,31% respecto a decembro de 2022 e +33,32% respecto a xaneiro de 2022). Como no mes anterior, o prezo de España continúa superando á media europea. Porén, semella que os prezos europeos alcanzaron o seu máximo, coa primeira caída desde comezos de 2021, polo que os prezos en España e Galicia tamén seguirán esta tendencia, aínda que polo momento continúan aumentando.
  • As entregas de leite ecolóxico en España ascenderon no mes de xaneiro a 3.753 t (0,61% das entregas totais), destas, 1.866 t foron de produtores galegos (0,96% das entregas de Galicia).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.