13 Xuño 2019

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en abril 2019

O prezo medio do leite en abril de 2019 en Galicia situouse en 31,50 c/litro, o que supón un incremento de 0,20 c/litro (+0,64%) en relación ao mes anterior, sendo 0,70 c/litro superior ao de abril de 2018 o que supón un incremento do 2,27%. No canto das entregas, Galicia continua liderando as mesmas cun aumento con respecto ao mes de abril do ano pasado de 5.542 ton (+2,40%).


13 Maio 2019

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en marzo 2019

Galicia lidera as entregas de leite en marzo, aumentando con respecto ao mesmo mes do ano pasado en 7.338 ton (+3,12%), mentres que no resto de España aumentan en +6.675 ton (+1,07 %). No canto dos prezos, en marzo de 2019 en Galicia situouse en 31,30 c/litro, o que supón unha diminución de 0,20 c/litro (-0,63%) en relación ao mes anterior, sendo 0,10 c/litro inferior ao de marzo de 2018.


6 Maio 2019

Informe da 29ª reunión do Consello Económico do Observatorio do Mercado Lácteo Europeo (MMO) do 29 de marzo de 2019

As entregas de leite da UE baixaron en xaneiro 2018 nun 1,5%. En termos de volume, esta redución é equivalente á de xaneiro de 2017. FR, NL e DE produciron 180.000 t menos en total, mentres que PL mostrou o maior crecemento. Os prezos medios do leite en granxa na UE baixaron ata os 35 c / kg en xaneiro, lixeiramente por debaixo do nivel do ano anterior, pero un 3% por riba da media dos últimos 5 anos.


17 Abril 2019

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en febreiro 2019

As entregas de leite no mes de febreiro de 2019 en España diminuíron en relación a febreiro de 2018 en 2.466 ton (-0,44 %). No mesmo periodo Galicia aumentou as entregas en 1.911 ton. O prezo medio do leite en febreiro de 2019 en Galicia situouse en 31,50 c/litro, o que supón unha diminución de 0,2 c/litro (-0,63%) en relación ao mes anterior, sendo 0,1 c/litro inferior tamén ao prezo de febreiro de 2018 (-0,32%).


17 Marzo 2019

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en xaneiro 2019

As entregas de leite en xaneiro en España diminuíron en relación a xaneiro de 2018 en 10.388 ton (-1,71%). Nese período en Galicia aumentan en 1.306 ton (+0,56%). Os prezos mantéñense igual que en decembro en 31,70 c/litro.


Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.