10 Xullo 2023

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en febreiro de 2023

O prezo medio pagado polo leite en Galicia situouse en 58,9 c/L, un 60,93% máis que en febreiro de 2022, mentres que en España foi de 60,30 c/L, cunha subida similar á de Galicia.

  • Galicia lidera as entregas de leite en España no mes de febreiro con 231.192 t, representando un 40,52% das entregas españolas (570.540 t). En Galicia diminúen con respecto ao mesmo mes do ano pasado un -1,25% (-2.938 t), como no resto de comunidades onde tamén diminúen neste caso nun -2,53% (-8.809 t) e tamén a produción nacional (-2,02%; -11.747t).
  • As calidades do leite en España non varían demasiado con respecto do mes pasado, a graxa, mantense en 3,91% aumentando a proteína de 3,42% a 3,43%. O diferencial de Galicia co resto de comunidades no valor da graxa é amplo (3,85% vs. 4,00%) pero sen diferencia no caso da proteína onde ambas calidades se sitúan en 3,43%.
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia en febreiro de 2023, situouse en 58,9 c/L, un incremento de 0,1 céntimos (+0,17%) respecto do mes anterior, da mesma forma en España fíxoo tamén nun 0,67% (+0,40 c/L), ata os 60,30 c/L. Respecto ao mesmo mes do ano pasado o prezo medio pagado aos produtores subiu en Galicia un 60,93% (+22,30 c/L), mentres que en España fíxoo un 59,52% (+22,50 c/L). A diferenza entre o prezo medio pagado no Estado e Galicia é de 1,4 c/L, cunha diferenza de 2,4 c/L ao comparar o pagado en Galicia co prezo medio ponderado do resto de comunidades autónomas (61,3 c/L).
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) continúa amosando un diferencial de prezos máis grande entre Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal estandarizada é de 60,36 c/L, que aumenta ata 61,8 c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 58,3 c/L.
  • Os prezos de febreiro expresados en c/kg (58,54 c/kg en España e 57,18 c/kg en Galicia) son un 9,71% e 7,17% superiores respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-27 (todos sen estandarizar), que se situou en 53,34 c/kg (-4,31% respecto a xaneiro de 2023 e +25,51% respecto a febreiro de 2022). Como no mes anterior, o prezo de España continúa superando á media europea. Porén, os prezos europeos continúan coa súa caída, manténdose en aumento España en Galicia, aínda que se prevé que sigan a tendencia europea.
  • As entregas de leite ecolóxico en España reducíronse no mes de febreiro a 3.163 toneladas ( o 0,55% das entregas totais), destas 1.569 t foron de produtores galegos (0,68% das entregas de Galicia).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.