Nado en Vilaguiz - A Devesa -Ribadeo 1961.
Catedrático de Historia Contemporánea na USC.Coordina o G.I.Histagra (http://histagra.usc.es) H.Agraria e Politica do Mundo Rural S. XIX e XX, é Director do Dpto. de H. Contemporánea e América da USC. Membro do Consello de Administración de GALAXIA, foi Vicerreitor de Relacións Institucionais da USC (2006/09) Vicepresidente da Sociedade Española de H. Agraria, secretario de IDEGA-USC (1991/94) e membro do Consello Universitario de Galicia (1997/2006). Especializado en H. das Sociedades Rurais e do cambio tecnolóxico agrario. Publicou e coordinou máis de 100 publicacións. Dirixiu 10 teses de doutoramento e 10 proxectos de investigación de convocatorias competitivas. Tamén coordinou o proxecto: www.nomesevoces.net e a rede de Agroecoloxia e Historia Revolta (http://revolta.usc.es) das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela campus de Lugo.