Ernesto Sánchez Pombo

Nado en Donostia

Licenciouse en Xornalisno pola Universidade Complutense de Madrid e acadou tamén a diplomatura en Audiovisuais.Empezou no diario El Progreso de Lugo, foi director-adxunto. Durante unha década foi corresponsal de El Pais en Lugo e Galicia. No 1996 incorpórase ó Grupo Voz como responsable de Lugo e Asturias. Tres anos despois sería grupo Voz. Dirixiu a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Foi director da revista fundada e dirixida por Camilo José Cela, El Extramundi e editor de Trasluz. É conselleiro editorial da revista galega Eco, con máis de dúas décadas no mercado. Durante sete anos participou habitualmente en Los Desayunos de la Primera de TVE e Foro Aberto da TVG. Na actualidade é columnista de La Voz de Galicia, tertulián habitual de Vía V, de V Televisión e de Despierta Galicia, de Radiovoz, entre outros medios nos que colabora. É membro da Asociación de Xornalistas Europeos e ten dirixido e participado en diversas publicacións colectivas e traballos de investigación relacionados coa súa actividade profesional e con asuntos de actualidade. De igual forma, participa habitualmente en conferencias, xornadas e congresos sobre xornalismo.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.