5 Xaneiro 2023

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en novembro de 2022

O prezo medio pagado polo leite en Galicia, situouse en 57,6 c/L, unha subida do 64,57% (+22,6 c/L) respecto a novembro de 2021, mentres que en España fíxoo un 62,15% (+22,5 c/L). No que atinxe ás entregas, aínda que seguen a ser menores que en 2021, semella que están recuperándose, caendo este mes en Galicia o 1,73% e no resto de comunidades o 4,09%.


5 Decembro 2022

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en outubro de 2022

A produción segue sendo inferior á do ano 2021, e como nos meses anteriores, Galicia (-2,48%) segue rexistrando caídas inferiores ao resto de comunidades (-4,77%). Porén, o prezo medio pagado polo leite segue subindo, en Galicia situouse en 53,0 c/L, mentres que en España chegou aos 55,6 c/L.


4 Novembro 2022

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en setembro de 2022

Continúan as baixadas na produción de leite. Nos 9 primeiros meses do ano, no conxunto de España as entregas diminúen en 103.705 t (-1,85%) respecto ao mesmo período de 2021. En Galicia a baixada é menor, de 3.274 t (-0,15%), sendo o primeiro mes do ano no que o acumulado é negativo.


4 Outubro 2022

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en agosto de 2022

O prezo medio pagado polo leite en Galicia situouse en 46,2 c/L, mentres que en España chegou aos 47,6 c/L. Respecto ao mesmo mes do ano pasado, o prezo medio pagado aos produtores subiu en Galicia un 41,28% (+13,5 c/L), mentres que en España fíxoo un 40,83% (+13,8 c/L).


5 Setembro 2022

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en xullo de 2022

Rexístrase unha diminución da produción destacable en Galicia (-3,08% respecto ao mesmo mes de 2021), seguindo a tendencia da produción nacional e europea. No canto do prezo, situouse en 44,7 c/L, un incremento de 1,6 c/L (3,71%) en relación a xuño.


Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.