7 Abril 2022
Nos dous primeiros meses do ano 2022 as entregas de leite aumentaron en Galicia en 17.719 t (3,75%) en comparación ao mesmo período de 2021. O prezo medio pagado polo leite en Galicia situouse en 36,6 c/L, un 11,93% máis que en febreiro de 2021, mentres que en España foi de 37,8 c/L, cunha subida similar respecto ao ano pasado.
4 Marzo 2022
O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en xaneiro de 2022, situouse en 35,9 c/L fronte aos 37,1 c/L no conxunto de España. No que atinxe ás entregas, Galicia lidéraas a nivel nacional, con 255.658 t, un 40,8% das entregas en España no mes de xaneiro (626.800 t).
4 Febreiro 2022
As entregas de leite no ano 2021 medraron no conxunto de España en 81.671 t, o que supón un incremento do 1,11% respecto ao ano 2020. Nese ano Galicia liderou unha vez máis as entregas (40,3%), cun crecemento do 3,44% (+99.396 t). No canto do prezo, en Galicia situouse en 35,6 c/L en decembro de 2021, un 8,21% superior ao do mesmo mes de 2020.
5 Xaneiro 2022
As entregas en Galicia aumentan con respecto ao mesmo mes do ano pasado un 3,52% (8.142 t), mentres que no resto de comunidades baixan un 0,31% (-1.082 t). O prezo medio pagado aos produtores aumentou en Galicia con respecto ao mesmo mes do ano pasado nun 6,38% (+2,1 c/L, chegando aos 35 c/L), mentres que en España fíxoo nun 6,16% (+2,1 c/L, chegando aos 36,2 c/L).
3 Decembro 2021
Galicia lidera as entregas de leite en España no mes de outubro con 247.546 t, representando o 41,6% das entregas españolas. No que se refire ao prezo medio pagado polo leite en Galicia en outubro de 2021, este situouse en 34,2 c/L, cun incremento de 0,9 c/L (2,70%) en relación ao mes anterior, mentres que en España aumentou en 1,1 c/L (3,22%), situándose en 35,3 c/L.