19 Febreiro 2025
• Continúa o contexto de baixada de produción a nivel estatal (-1,11%) mentres que a nivel Galego hai un mantemento da produción (+0,31%) respecto ao mesmo período do ano anterior (xaneiro-abril). • Galicia é a comunidade que máis incrementou a súa produción neste período (+2.366 t) en contraposición coa baixada da produción doutras comunidades autónomas (Cataluña: -5.650 t; Asturias: -5.273 t; Castela e León: -5.650 t).
9 Xaneiro 2025
Os prezos en España e Galicia son un 10,74% e 14,89% inferiores respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-27, nun contexto onde o prezo medio europeo sufriu subidas consecutivas fronte a certa estabilidade do contexto español e galego.
8 Xaneiro 2025
Continúa o repunte no prezo medio do leite en España e en Galicia, seguindo a tendecia iniciada no mes de xuño a nivel europeo. Galicia continúa sostendo o aumento da produción en España, representando o 71,65% vo volume aumentado.
27 Novembro 2024
O incremento da produción en España con respecto ao ano 2023 foi de 86 mil toneladas. Galicia destaca como a rexión cun maior crecemento absoluto, rexistrando un incremento nas entregas de leite de 61,77 mil toneladas, sendo responsable de preto do 71,26% do crecemento total en España. É dicir, de cada 10 litros que aumentan as entregas en España, 7 proceden das gandarías de Galicia.
4 Outubro 2024
Continúa o contexto de baixada de prezos pagados aos produtores en España e Galicia. Neste mes de agosto sobrepasouse a cifra de 5 millóns de toneladas de leite producidas en España e de dous millóns de toneladas en Galicia.