10 Agosto 2023

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en xuño de 2023

Os gandeiros galegos aumentaron as entregas no primeiro semestre de 2023 respecto ao de 2022 en 1.869 t (+0.12%). En canto ao prezo, este situouse en xuño de 2023 en 51,70 c/L, reducíndose 0,50 céntimos en relación a maior e 8,60 c/L por riba de xuño de 2022 (+19,95%).

  • Galicia continúa liderando as entregas de leite no mes de xuño de 2023 con 250.878 t, representando un 41,09 % das entregas españolas (610.553 t). En Galicia as entregas aumentan con respecto ao mesmo mes do ano pasado en 995 toneladas (0,40%), mentres que no resto de comunidades se reduciron con respecto ao mes de xuño de 2022 en 294 toneladas (-0,08%); aumentando tamén a produción nacional, en 701 toneladas (0,11%) respecto do mesmo mes do ano anterior.
  • Ao analizar o período xaneiro – xuño 2023 fronte a xaneiro – xuño 2022, no conxunto de España as entregas redúcense en 18.701 t (-0,50%). Mentres se produce nas explotacións galegas un aumento das entregas (1.869 t; 0,12%), ao tempo que as principais comunidades produtoras reducen as súas entregas (Asturias -2,59%; Andalucía -0,86%; Cantabria -2,10%; Castela e León -0,83%), coa excepción de Cataluña (1.509 t, 0,39%).
  • As calidades do leite en España vénse reducidas respecto ao mes pasado, tanto en graxa (3,66% vs. 3,69%) como en proteína (3,30% vs. 3,34%). Respecto ao mesmo mes do ano anterior a graxa aumenta nun 0,55% (de 3,64% a 3,66% no 2023) e a proteína faino nun 1,54% (de 3,25% no 2022 a 3,30% no 2023). En Galicia tanto graxa como proteína redúcense respecto do mes anterior (maio de 2023). En canto ao diferencial de Galicia co resto de comunidades na graxa é máis amplo (3,75% vs. 3,60%) que na proteína (3,31% vs. 3,29%), sendo superior o de Galicia.
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en xuño de 2023, situouse en 51,70 c/L, un descenso de 0,50 céntimos respecto do mes anterior, mentres que en España a reducción de prezo respecto de maio de 2023 é de 0,90 céntimos (-1,66%), ata 53,40 c/L. Respecto ao mes de xuño de 2022 o prezo medio pagado aos produtores en Galicia subiu un 19,95% (+8,60 c/L), mentres que en España o fixo nun 21,92% (+9,60 c/L). A diferenza entre o prezo medio pagado en España e Galicia é 1,70 c/L superior en España. Se se compara o prezo medio de Galicia (51,70 c/L) co medio ponderado do resto de comunidades autónomas (54,5 c/L) a diferencia é de 2,8 c/L.
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) amosa un diferencial de prezos máis grande en Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal estandarizada é de 55,73 c/L, que aumenta ata 57,40 c/L se non se ten en conta a producción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 53,30 c/L.
  • Os prezos de xuño expresados en c/kg (50,19 c/kg en Galicia e en 51,89 c/kg en España) son un 13,145 e un 16,97% superiores, respectivamente ao prezo medio ponderado da UE-27 (todo sen estandarizar), que se situou en 44,36 c/kg (-2,48% respecto a maio e -10,20 respecto a xuño de 2022).
  • As entregas de leite ecolóxico ascenderon no mes de xuño a 3.503 toneladas (0,57% das entregas totais), cun prezo medio de 64,4 c/L. Destas, 1.840 toneladas foron de produtores galegos (52,53% sobre o total das entregas de leite ecolóxico a nivel nacional), representando o 0,73% das entregas totais de Galicia. O prezo medio pagado en Galicia situouse en 62,7 c/L.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.