4 Agosto 2021

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en xuño de 2021

Os gandeiros galegos aumentan as entregas no primeiro semestre de 2021 respecto ao de 2020 en 37.488 t (+2,57%). En canto ao prezo, este situouse en xuño de 2021 en 32,5 c/L, descendendo 0,2 c/L (-0,61%) en relación ao mes anterior, pero un 1,88% por riba de xuño de 2020 (+0,6 c/L).

  • Galicia lidera as entregas de leite en España no mes de xuño con 251.926 t, representando un 40,3% das entregas en España (625.189 t). En comparación a xuño de 2020, as entregas continúan medrando en Galicia (8.054 t, 3,30%), sendo inferior este aumento a nivel nacional (4.643 t, +0,75%) polo descenso rexistrado no resto de comunidades autónomas (-3.414 t, -0,91%).
  • Analizando o período xaneiro-xuño 2021 fronte a xaneiro- xuño 2020, no conxunto de España as entregas aumentan en 14.273 t (+0,38%). Este incremento provén das granxas galegas, onde medra a produción no que vai de ano respecto do mesmo período do ano 2019 en 37.488 t (+2,57%), mentres que no resto de comunidades baixan en 23.215 t (-1,01%).
  • As calidades do leite en España continúan descendendo lixeiramente, situándose no mes de xuño nun 3,64% a graxa e no 3,25% a proteína. As calidades do leite de Galicia seguen sendo superiores ás do resto de comunidades (3,73% a graxa e 3,27% a proteína vs 3,58% e 3,24%).
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia en xuño de 2021 situouse en 32,5 c/L, un descenso de 0,2 c/L (-0,61%) en relación ao mes anterior, mentres que en España situouse en 33,2 c/L, unha caída de 0,3 c/L (-0,90%). Respecto ao mesmo mes do ano pasado, o prezo medio pagado aos produtores aumentou en Galicia nun 1,88% (+0,6 c/L), mentres que en España fíxoo nun 1,53% (+0,5 c/L). A diferenza entre o prezo medio pagado no Estado e en Galicia é de 0,7 c/L, cifra que ascendería a 1,1 c/L comparando o pagado en Galicia co prezo medio ponderado do resto de comunidades autónomas (33,6 c/L).
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) continúa amosando un diferencial de prezos máis grande entre Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal estandarizada é de 34,9 c/L, que aumenta ata 35,6 c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 33,7 c/L.
  • Os prezos de xuño expresados en c/kg (32,23 en España e 31,55 en Galicia) son un 10,35% e un 12,23% inferiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-27 (todos sen estandarizar), que se situou en 35,95 c/quilo (+0,59% respecto a maio e +10,35% respecto a xuño de 2020).
  • As entregas de leite ecolóxico en España ascenderon no mes de xuño a 4.272 t (0,68% do total de entregas), cun prezo medio de 47,0 c/L.  Destas, 2.171 t foron de produtores galegos (50,8% sobre o total nacional), representando o 0,86% das entregas de Galicia. O prezo medio pagado en Galicia situouse en 46,9 c/L.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.