1 Agosto 2024

INFORME DE ENTREGAS E PREZOS DO LEITE EN GALICIA E ESPAÑA EN XUÑO DE 2024

Neste primeiro semestre do ano acumúlase un aumento da produción de leite en España do que Galicia é protagonista ao representar o 60% do aumento. En contraste con este aumento da produción, os precios medios do leite en Galicia e España continúan cunha tendencia a baixa, fronte a estabilidade do prezo a nivel da UE-27.

  • Neste mes de xuño en Galicia producíronse 260.390 t de leite, que representan o 41,84% do total do leite producido no estado, que suma 622.351 t. En ámbolos dous casos apreciase unha leve unha baixada da produción con respecto aos meses anteriores, situación normal dado que corresponden coa primavera.
  • Se comparamos as producións deste primeiro semestre coas do ano anterior, en España rexístrase un ascenso do 1,60%, que aumenta ata o 2,34% no caso de Galicia. É dicir, das 60 mil toneladas de leite que aumentan a nivel estatal o 60% (35,5 mil t) son de orixe galego.  
  • Nesta comparación do primeiro semestre do ano co ano anterior, Galicia lidera o aumento da produción con 35,5 mil t máis de leite producido, seguida de Cataluña con 10 mil t e de Navarra con 8 mil t. Pola contra, as comunidades da cornisa cantábrica destacan polo descendo da súa produción, reducíndose en 6 mil toneladas no caso de Cantabria e en 2,8 mil t no caso de Asturias. 
  • As calidades do leite en España continúan a baixada estacional propia do verán, situándose en 3,66% de graxa e 3,32% de proteína. O diferencial de Galicia co resto de comunidades no valor da graxa continúa a ser amplo (3,74% vs. 3,60%), con valores non tan alonxados  no caso da proteína (3,36% vs. 3,29%).
  • O prezo medio pagado polo leite en España, en xuño de 2024, situouse nos 47´8 c/L. Neste primeiro semestre do ano o prezo medio do leite presenta unha tendencia oposta a da produción, xa que ven rexistrando leves pero continuas baixadas. Como consecuencia, de xaneiro a xuño de 2024 en España o prezo medio pagado polo leite diminuíu en 3,90 c/L (7,54%).
  • En Galicia, o prezo medio pagado polo leite en xuño de 2024 foi de 45,60 c/L. Ao igual que o acontecido a nivel estatal, este prezo tamén diminuíu dende o comezo do ano en 3,90 c/L (7,88%)  mantendo ademais un diferencial duns 2,2 c/L coa media de España.
  • Se comparamos o prezo actual co mes de xuño do ano anterior apreciamos un descenso, que no caso de España é de 5,60 c/L (10,49%), e que aumenta no caso de Galicia, onde se reduce 6,10 c/L (11,80%).
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) continúa amosando un diferencial de prezos máis grande entre Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal estandarizada é de 49,81 c/L, que aumenta ata 51,8 c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 46,88c/L.
  • A baixada do prezo medio pagado polo leite neste primeiro semestre do ano en Galicia e España contrasta coa situación de estabilidade que se aprecia no contexto europeo, onde o prezo medio de xuño de 2024 se situou en 46,10 c/Kg, moi preto dos 46,45 c/Kg que alcanzaba en xaneiro. Como consecuencia, revértese situación que se rexistraba en xaneiro, onde o prezo medio español e galego eran 3,46 e 1,33 c/kg superiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-27. Neste mes de xuño, o prezo medio da UE-27 (46,10c/Kg) é so 0,31 c/Kg menor que o de España (46,41 c/Kg) e 1,83 c/Kg superior ao de Galicia (44,27 c/Kg).
  • As entregas de leite ecolóxico en España ascenderon no mes de xuño a 3.436 t, destas, 1.951 t foron de produtores galegos (57%). O Leite ecolóxico so representa un 0,55% da produción nacional e un 0,75% da produción galega.
  • Ao igual que sucede coa produción convencional, tamén se rexistra unha baixada do prezo medio do leite ecolóxico. No contexto Español o prezo medio sitiouse en 60,3 c/L diminuíndo dende xaneiro en 3,8 c/L, mesmo incremento que en Galicia onde o prezo se situou en 59,3 c/L.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.