20 Marzo 2024

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en xaneiro 2024

O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en xaneiro de 2024, situouse en 49,50 c/L, fronte aos 53,1c/L no conxunto de España. Se comparamos os prezos do leite co mesmo mes do ano anterior rexístranse fortes baixadas tanto a nivel estatal como a nivel galego. O prezo en Galicia en xaneiro de 2023 situábase en 58,80 c/L, un 15,80% superior. O prezo en España en xaneiro de 2023 situábase en 59,90 c/L, un 13,69% superior.

  • Neste comezo do 2024 continúa o contexto de aumento de produción tanto a nivel estatal (+1,21%) como a nivel Galego (+1,37%) respecto ao mesmo mes do ano anterior.
  • En xaneiro de 2024 en España producíronse 625.262t de leite das cales, 255187t (40,8%) foron producidas en Galicia.
  • As calidades do leite en España non sofren unha variación significativa con respecto ao mes  pasado, a graxa sitúase no 3.87% e a proteína no 3.42%. O diferencial de Galicia co resto de comunidades no valor da graxa  é amplo (3,94% vs. 3,82%), non existindo apenas diferencias no caso da proteína (3,43% e 3,41%).
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia en xaneiro de 2024, situose en 49.50 c/L, sen variación respecto ao mes anterior. A media estatal si rexistra unha baixada moi leve (-0,77%) fronte o mes anterior e situándose nos 51,70 c/L.
  • A diferenza entre o prezo medio pagado no Estado e en Galicia é de 2.2 c/L, cunha diferenza de 3,63 c/L ao comparar o pagado en Galicia co prezo medio ponderado do resto de comunidades autónomas (53,1 c/L).
  • Se comparamos os prezos do leite co mesmo mes do ano anterior rexístranse fortes baixadas tanto a nivel estatal como a nivel galego. O prezo en Galicia en xaneiro de 2023 situábase en 58,80 c/L, un 15,80% superior. O prezo en España en xaneiro de 2023 situábase en 59,90 c/L, un 13,69% superior.
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) continúa amosando un diferencial de prezos máis grande entre Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal estandarizada é de 52,05 c/L, que aumenta ata. 53,90 c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 49,37 c/L.
  • Os prezos de xaneiro expresados en c/kg (50,19 en España e 48,06 en Galicia) son 3,46 e 1,33 c/kg superiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-27 (todos sen estandarizar), que se situou en 46.73 c/kg (-9 c/kg respecto a xaneiro de 2023).
  • As entregas de leite ecolóxico en España ascenderon no mes de xaneiro a 3.197 t, destas, 1.681 t foron de produtores galegos.
  • Ao igual que pasa coa produción en convencional, tamén existe unha diferenza de prezo entre galicia e a media estatal, neste caso 1 c/L. O prezo medio do leite ecolóxico pagado en Galicia foi de 63.1 c/L, fronte aos 64.1 c/L pagados de media e nivel estatal.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.