17 Marzo 2019

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en xaneiro 2019

As entregas de leite en xaneiro en España diminuíron en relación a xaneiro de 2018 en 10.388 ton (-1,71%). Nese período en Galicia aumentan en 1.306 ton (+0,56%). Os prezos mantéñense igual que en decembro en 31,70 c/litro.

  • As entregas de leite en xaneiro en España diminuíron en relación a xaneiro de 2018 en 10.388 ton (-1,71%) debido á diminución das entregas en case todas as Comunidades Autónomas, mentres que Galicia lidera o aumento das entregas nese período con un aumento de 1.306 ton (+0,56%).
  • As entregas de leite en Galicia no mes de xaneiro foron de 232.637 ton, que representan o 38,88% das entregas totais de España nese mes.
  • O prezo medio do leite en Galicia en xaneiro de 2019 mantense igual que o do mes de decembro en 31,70 c/litro. Este prezo é igual tamén ao de xaneiro de 2018.
  • O prezo en Galicia neste mes é o máis baixo de España, moi lonxe do acadado en Asturias (34,90 c/litro), Castilla-La Mancha (35,00 c/litro) ou Pais Vasco (35,10 c/litro).
  • Ao igual que acontece en Galicia, o prezo en xaneiro en España mantense igual ao do mes de decembro en 33,00 c/litro, pero sitúase por riba do do mes de xaneiro de 2018 que foi de 32,90 c/litro.
  • Os prezos de xaneiro expresados en c/quilo (32,04 en España e 30,78 en Galicia) son un 8,53% e un 12,13% inferiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-28 que no mes de xaneiro situouse en 35,03 c/quilo.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.