10 Novembro 2019

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en septiembre 2019.

Galicia lidera as entregas de leite en setembro, con 224.062 ton, representando un 39,29% das entregas en España (570.245 ton). O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en setembro de 2019, situouse en 31,5 c/litro, un incremento de +0,5 c/litro (+1,61%) en relación ao mes anterior.

  • Galicia lidera as entregas de leite en setembro, con 224.062 ton, representando un 39,29% das entregas en España (570.245 ton). As entregas en Galicia aumentan con respecto ao mesmo mes do ano pasado (+4.912 ton, +2,24%), mentres que no resto de comunidades aumentan en +14.957 ton (+4,52%).
  • Se analizamos o período xaneiro-setembro 2019 fronte a xaneiro-setembro 2018, no conxunto de España as entregas aumentan en 51.489 ton (+0,96%). Deste incremento, máis da metade prodúcese en Galicia (26.318 ton, 51,1%), o que supón un +1,27% sobre a produción galega neste mesmo período no ano 2018.
  • As calidades do leite en España, tanto graxa como proteína, continúan neste mes co incremento habitual desta época do ano (+2,2% e +1,9%, respectivamente, comparando co mes pasado). En Galicia aumenta nunha proporción similar, polo que segue a haber unha diferencia destacable na cantidade de graxa do leite de Galicia con respecto do resto de comunidades autónomas (+0,12 unid., +5,5%), mentres que a proteína está en cifras similares (-0,01 unid., -0,5%).
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en setembro de 2019, situouse en 31,5 c/litro, un incremento de +0,5 c/litro (+1,61%) en relación ao mes anterior, igual ao acontecido o ano pasado, co que se segue mantendo un diferencial positivo de +0,7 c/litro (+2,27%) co prezo pagado no mesmo mes de 2018, neste caso setembro.
  • En España, o prezo pagado en setembro tamén aumentou con respecto ao mes de agosto, un 0,93%, situándose en 32,6 c/litro, un 2,84% superior ao de setembro de 2018. A pesar do maior incremento dos prezos en Galicia neste mes, se comparamos o prezo medio do leite en España sen ter en conta a Galicia, co prezo de Galicia, a diferenza segue a superar o 5%, debido a que o prezo medio ponderado do resto de comunidades é de 33,2 c/litro fronte aos 31,5 c/litro citados anteriormente de Galicia.
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) reflicte aínda un prezo máis baixo en Galicia en comparación co resto de comunidades autónomas. A media estatal é de 33,9 c/litro, que aumenta ata 34,9 c/litro sen non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 32,3 c/litro. Este aumento da diferenza dos prezos está provocado polas maiores calidades do leite galego, como xa vimos previamente.
  • Os prezos de setembro expresados en c/quilo (31,7 en España e 30,6 en Galicia) son un 7,97% e un 11,07% inferiores, respectivamente, do prezo medio ponderado da UE-28 (sen estandarizar), que no mes de setembro de 2019 situouse en 34,39 c/quilo (+2,26% respecto a agosto de 2019 e -1,26% respecto a setembro de 2018).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.