16 Maio 2024

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en marzo de 2024

Neste mes de marzo, o prezo medio do leite en Galicia foi de 49 c/L, 2´1 c/L menos que a media estatal, que se situou nos 51´10 c/L. Nos últimos 6 meses obsérvase unha estabilización dos prezos medios do leite en torno aos 49 c/L no caso de Galicia e en torno aos 51 c/L no caso de España.

  • En Galicia producíronse no mes de marzo 264.861t de leite, un 40,78% das 649.441t que se produciron en España. En Galicia as entregas aumentaron con respecto ao mesmo mes do ano pasado en 4.018t (un 1.54%), mentres que no resto das comunidades a produción descende en -1.207t, reducindo o crecemento da produción nacional ata as 2.811t (un +0,43%).
  • Analizando o período xaneiro-marzo de 2024 fronte a xaneiro-marzo de 2023, no conxunto de España as entregas aumentan en 22.026 t (un +1,20%). Proporcionalmente, este aumento é menor ca o que se produce nas explotacións galegas (13.223, +1,78%).
  • As calidades do leite mantéñense con respecto ao mes pasado. Neste mes de marzo en España a graxa situouse no 3,78% e a proteína no 3.38%. No caso de Galicia a graxa situouse no 3,86% e a proteína no 3.39%.
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en marzo de 2024, situose en 49 c/L, sen variación con respecto do mes anterior, mentres que a media estatal rexistra unha leve baixada (-0,78%)  situándose nos 51,10 c/L. Respecto ao mesmo mes do ano pasado, o prezo medio pagado aos produtores baixou en Galicia un -16,24% (-9,5 c/L), mentres que no conxunto de España fíxoo nun -14,12% (-8,40 c/L).
  • As entregas de leite ecolóxico en España ascenderon no mes de marzo a 3.441 t, destas, 1.785 t foron de produtores galegos (un 52%). Estas producións son un 0,51% superior no caso de Galicia e un -5,62% inferior no caso de España con respecto ao mesmo mes do ano pasado.
  • Ao igual que pasa coa produción en convencional, tamén existe unha diferenza de prezo entre Galicia e a media estatal, neste caso 1 c/L. O prezo medio do leite ecolóxico pagado en Galicia foi de 62,2c/L, fronte aos 63,2 c/L pagados de media e nivel estatal.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.