12 Xullo 2023
O prezo medio pagado polo leite en Galicia situouse en 58,5 c/L, unha subida dun 54,35% (20,6 c/L) respecto a marzo de 2022, mentres que en España fíxoo un 55,35% (+21,2 c/L). No que atinxe ás entregas, seguen a ser menores que nos primeiros meses de 2022, aínda que co paso dos mesmes se vai reducindo a diferencia co acumulado do ano anterior.