13 Maio 2019

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en marzo 2019

Galicia lidera as entregas de leite en marzo, aumentando con respecto ao mesmo mes do ano pasado en 7.338 ton (+3,12%), mentres que no resto de España aumentan en +6.675 ton (+1,07 %). No canto dos prezos, en marzo de 2019 en Galicia situouse en 31,30 c/litro, o que supón unha diminución de 0,20 c/litro (-0,63%) en relación ao mes anterior, sendo 0,10 c/litro inferior ao de marzo de 2018.

  • Galicia lidera as entregas de leite en marzo, aumentando con respecto ao mesmo mes do ano pasado en 7.338 ton (+3,12%), mentres que no resto de España aumentan en +6.675 ton (+1,07 %).
  • Se analizamos as entregas no período xaneiro-marzo 2019 fronte a xaneiro-marzo do 2018, Galicia segue a ser o líder absoluto cun aumento das entregas de 10.554 ton (+1,55%), seguida moi de lonxe por Castela León cun aumento de 1.636 ton (+0,72%), segunda comunidade en aumento de entregas nese período. No conxunto de España, no mesmo período, as entregas diminuíron en 6.180 ton (-0,35%), sendo Cataluña a Comunidade Autónoma que máis reduce as entregas (-10.197 ton) o que representa unha caída do 5,16%.
  • O prezo medio do leite en marzo de 2019 en Galicia situouse en 31,30 c/litro, o que supón unha diminución de 0,20 c/litro (-0,63%) en relación ao mes anterior, sendo 0,10 c/litro inferior ao de marzo de 2018 o que supón unha diminución do 0,32%. O prezo en Galicia continúa sendo o máis baixo de España, situándose moi lonxe do acadado en Asturias (34,5 c/litro) ou o País Vasco (34,6 c/litro).
  • Ao igual que en Galicia, o prezo en marzo en España tamén se reduce con respecto ao mes de febreiro, situándose nos 32,60 c/litro (-1,21%), sendo un 0,62% superior ao de marzo de 2018.
  • Os prezos de marzo expresados en c/quilo (31,65 en España e 30,22 en Galicia) son un 7,97% e un 12,12% inferiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-28 que no mes de marzo de 2019 diminuíu 0,55 c/quilo en relación a febreiro de 2019, situándose en 34,39 c/quilo (-1,57%).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.