11 Xullo 2024

INFORME DE ENTREGAS E PREZOS DO LEITE EN GALICIA E ESPAÑA EN MAIO 2024

De xaneiro a maio de 2024 a produción de leite en España aumentou en 48 mil toneladas. Destas, 26 mil (53%) foron producidas en Galicia, polo que ademáis de ser a principal produtora do estado, tamén se consolida como o motor principal do aumento da produción.

  • Galicia lidera as entregas de leite no mes de maio con 272.020 t, representando o 41% das entregas españolas (663.345 t). No que levamos transcorrido deste ano, rexistráronse aumentos consecutivos da produción de leite en España. Isto supuxo que no mesmo período xaneiro-maio de 2024 se producisen en España 48 mil toneladas máis de leite ca no mesmo período do ano anterior. Destas, 26 mil (53%) foron producidas en Galicia, o que a sitúa como motor principal do aumento da produción estatal.
  • As calidades do leite en España continúan a baixada estacional propia do verán, situándose en 3,70% de graxa e 3,35% de proteína. O diferencial de Galicia co resto de comunidades no valor da graxa continúa a ser amplo (3,79% vs. 3,64%), con valores máis semellantes no dato da proteína (3,38% vs. 3,33%).
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en maio de 2024, situouse en 45,90 c/L, unha baixada de 0,4 c/L (0,86%) en relación ao mes anterior, mesma baixada que en España, chegando neste caso ata os 48,40 c/L. Respecto ao mesmo mes do ano pasado, o prezo medio pagado aos produtores baixou en Galicia un 12,07% (6,3 c/L), mentres que en España fíxoo un 10,87% (5,9 c/L). A diferenza entre o prezo medio pagado no Estado e en Galicia é de 2,5 c/L.
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) continúa amosando un diferencial de prezos máis grande entre Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal estandarizada é de 50,05 c/L, que aumenta ata 52,3 c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 46,82 c/L.
  • Os prezos de maio expresados en c/kg (46,99 en España e 44,56 en Galicia) son un 2,29 % e superior no caso de España e un 3% inferior no caso de Galicia con respecto ao prezo medio ponderado da UE-27 (todos sen estandarizar), que se situou en 45,94 c/kg (-0,3% respecto a abril e +1% respecto a maio de 2023).
  • As entregas de leite ecolóxico en España ascenderon no mes de maio a 3.876 t, destas, 2.106 t foron de produtores galegos (54%). O Leite ecolóxico so representa un 0,58% da produción nacional e un 0,77% da produción galega.
  • Ao igual que pasa coa produción en convencional, tamén se rexistra unha baixada do prezo medio do leite ecolóxico con respecto do mes anterior. No contexto Español o prezo medio do leite ecolóxico sitiouse en 61,1 c/L diminuíndo 0,3 c/L, mesmo incremento que en Galicia onde o prezo se situou en 59.8 c/L

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.