28 Abril 2025

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en febreiro 2025

Os prezos en España e Galicia son un 10,74% e 14,89% inferiores respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-27, nun contexto onde o prezo medio europeo sufriu subidas consecutivas fronte a certa estabilidade do contexto español e galego.

  • Galicia lidera as entregas de leite en España no mes de febreiro con 236.442 t, representando un 41,13% das entregas españolas (574.831 t). En Galicia diminúen con respecto ao mesmo mes do ano pasado un -0,24% (-559 t), como no resto de comunidades onde tamén diminúen neste caso nun -2,21% (-7.646,28t) e tamén a produción nacional (-1,41%; -8.205t).
  • As calidades do leite en España non varían demasiado con respecto do mes pasado, a graxa, sitúase en 3,88% e a proteína en 3,40%. O diferencial de Galicia co resto de comunidades no valor da graxa (3,95% vs. 3,83%) e no valor da proteína (3,41% vs. 3,39%) son amplos.
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia en febreiro de 2025, situouse en 47,20 c/L, unha baixada de 0,1 céntimos (-0,21%) respecto do mes anterior, por outra banda, en España mantívose en 49,50 c/L. Respecto ao mesmo mes do ano pasado o prezo medio pagado aos produtores baixou en Galicia un 3,67% (-1,80 c/L), mentres que en España fíxoo un 3,70% (-1,90 c/L). A diferenza entre o prezo medio pagado no Estado e Galicia é de 2,30 c/L.
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) continúa amosando un diferencial de prezos máis grande entre Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal estandarizada é de 49,50 c/L, que aumenta ata 51,70 c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 49,09 c/L.
  •  Os prezos de febreiro expresados en c/kg (48,06 c/kg en España e 45,83 c/kg en Galicia) son un 10,74% e 14,89% inferiores respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-27 (todos sen estandarizar), que se situou en 53,84 c/kg (+0,6% respecto ao mes anterior). Os prezos europeos continúan coa súa alza, manténdose en España e Galicia.
  • A produción de leite ecolóxico en España situouse en 3.052t, cun prezo medio de 61,8 c/L, sendo Galicia a principal produtora con 1.563 t e un prezo medio de 61 c/L.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.