11 Abril 2024

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en febreiro 2024

Continúa a tendencia de aumento de produción, tanto a nivel galego (+2,49%) como a nivel estatal (+1,97%) con respecto a febreiro de 2023. Pola contra, comparando os mesmos meses, os prezos do leite son un 16,81 % inferiores no caso galego e un 14,59% no caso estatal. Esta situación de descenso dos prezos do leite estase a estabilizar, xa que se observamos o diferencial cos tres/catro meses anteriores o descenso é moito menor.

  • Neste comezo do 2024 continúa o contexto de aumento de produción tanto a nivel estatal (+1,97%) como a nivel Galego (+2.49%) respecto ao mesmo mes do ano anterior.
  • En febreiro de 2024 en España producíronse 582.130t de leite das cales, 236.963t (40,7%) foron producidas en Galicia.
  • As calidades do leite en España comezan o descenso habitual para esta época do ano, pero rexistrando valores máis baixos que no mesmo mes do ano anterior. En España a graxa sitúase no 3,79% vs 3,91% e a proteína no 3,38% vs 3,43%. En Galicia a graxa sitúase no 3,86% vs 4,00% e a proteína no 3,39% vs 3,43%.
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia en xaneiro de 2024, situose en 49 c/L, medio céntimo menos que o mes anterior. A media estatal tamén rexistra unha leve baixada moi leve (-0,39%) e situándose nos 51,50 c/L. A diferenza entre o prezo medio pagado no Estado e en Galicia é de 1,5 c/L,
  • Se comparamos os prezos do leite co mesmo mes do ano anterior rexístranse fortes baixadas tanto a nivel estatal como a nivel galego. O prezo en Galicia en febreiro de 2023 situábase en 58,90 c/L, un 16,81% superior. O prezo en España en febreiro de 2023 situábase en 60,30 c/L, un 14,59% superior.
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) continúa amosando un diferencial de prezos máis grande entre Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal estandarizada é de 52,53 c/L, que aumenta ata. 53 c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 49,51 c/L.
  • Os prezos de xaneiro expresados en c/kg (50,00 en España e 47,57 en Galicia) son 3,58 e 1,15 c/kg superiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-27 (todos sen estandarizar), que se situou en 46,42 c/kg (-6,92 c/kg respecto a xaneiro de 2023).
  • As entregas de leite ecolóxico en España ascenderon no mes de xaneiro a 3.301 t, destas, 1.706 t foron de produtores galegos.
  • Ao igual que pasa coa produción en convencional, tamén existe unha diferenza de prezo entre galicia e a media estatal, neste caso 1 c/L. O prezo medio do leite ecolóxico pagado en Galicia foi de 62,6 c/L, fronte aos 63,6 c/L pagados de media e nivel estatal.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.