3 Abril 2020

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en febreiro 2020

As entregas de leite continúan aumentando de forma notable tanto en Galicia como no resto de comunidades autónomas, +9.277 ton (+4,32%) e +12.985 ton (+3,79%), respectivamente. O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en febreiro de 2020, situouse en 32,4 c/L, un descenso de -0,2 c/L (-0,61%) en relación ao mes anterior, mentres que en España situouse en 33,6 c/L, sendo igual que o mes anterior.

  • Galicia lidera as entregas de leite en España no mes de febreiro (leite corrixido a 28 días) con 223.826 ton, representando un 38,66% das entregas en España (578.984 ton). As entregas continúan aumentando de forma notable tanto en Galicia como no resto de comunidades autónomas, +9.277 ton (+4,32%) e +12.985 ton (+3,79%), respectivamente.
  • As calidades do leite en España, tanto graxa como proteína, seguen diminuíndo o seu valor medio con respecto ao mes previo, no caso da graxa nun -2,10% e no caso da proteína nun -1,50%. A variación con respecto ao ano pasado presenta diferencias, é negativa na graxa, cun descenso do -0,53%, e positiva na proteína, cun incremento de +0,30%, situándose en febreiro de 2020 no 3,73% de graxa e 3,29% de proteína. O diferencial de Galicia co resto de comunidades no valor da graxa continúa a ser moi amplo (3,89% vs. 3,70%), cun valor igual no dato da proteína (3,29%).
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en febreiro de 2020, situouse en 32,4 c/L, un descenso de -0,2 c/L (-0,61%) en relación ao mes anterior, mentres que en España situouse en 33,6 c/L, sendo igual que o mes anterior. Con todo, o prezo medio pagado aos produtores aumentou en Galicia nun 2,86% (+0,9 c/L) con respecto ao mesmo mes do ano pasado, mentres que en España fíxoo nun +1,82% (+0,6 c/L).
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) continúa amosando un diferencial de prezos máis grande entre Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal é de 34,8 c/L, que aumenta ata 35,8 c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 33,0 c/L. Este aumento da diferenza dos prezos está influenciado pola maior cantidade de graxa do leite galego.
  • Os prezos de febreiro expresados en c/kg (32,62 en España e 31,46 en Galicia) son un 7,15% e un 10,46% inferiores, respectivamente, do prezo medio ponderado da UE-27 (sen estandarizar), que se situou en 35,13 c/quilo (-0,59% respecto a xaneiro e +0,55% respecto a febreiro de 2019).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.