4 Febreiro 2022
As entregas de leite no ano 2021 medraron no conxunto de España en 81.671 t, o que supón un incremento do 1,11% respecto ao ano 2020. Nese ano Galicia liderou unha vez máis as entregas (40,3%), cun crecemento do 3,44% (+99.396 t). No canto do prezo, en Galicia situouse en 35,6 c/L en decembro de 2021, un 8,21% superior ao do mesmo mes de 2020.