6 Xuño 2022

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en abril de 2022

Nos catro primeiros meses do ano 2022 as entregas de leite aumentaron en Galicia en 17.695 t (1,80%) en comparación ao mesmo período de 2021. En canto ao prezo medio pagado polo leite en Galicia, este situouse en 40,9 c/L, un incremento de 3,0 c/L (7,92%) en relación a marzo e de 8,1 c/L (24,70%) respecto a abril de 2021

  • Galicia lidera as entregas de leite en España no mes de abril con 252.619 t, representando un 40,27% das entregas españolas (627.369 t). En comparación a abril de 2021, as entregas son similares en Galicia, -223 t (-0,09%), mentres que a nivel nacional produciuse unha baixada de 14.306 t (-2,23%), provocada pola caída do -3,62% (-14.083 t) no resto de comunidades autónomas.
  • Se analizamos o período xaneiro-abril 2022 fronte a xaneiro-abril 2021, no conxunto de España as entregas diminúen en 7.637 t (-0,31%), rexistrándose diferenzas entre comunidades, xa que Galicia aumentou a produción en 17.695 t (1,80%) nos catro primeiros meses do ano, mentres que dez comunidades diminuíron a súa produción, entre as que destacan Asturias (-7.083 t, -3,74%), Cantabria (-6.970 t, -4,76%), Cataluña (-5.875 t, -2,26%) e Andalucía (-5.378 t, -2,69%).
  • As calidades do leite en España baixan lixeiramente con respecto ao mes pasado, tanto a graxa (3,80 vs. 3,81%) como a proteína (3,32 vs. 3,33%), pero o valor da graxa é superior ao rexistrado en abril de 2021 (3,80% vs. 3,71%). O diferencial de Galicia co resto de comunidades no valor da graxa continúa a ser amplo (3,90% vs. 3,73%), con valores máis semellantes no dato da proteína (3,34% vs. 3,31%).
  • O prezo medio pagado polo leite en Galicia, en abril de 2022, situouse en 40,9 c/L, un incremento de 3,0 c/L (7,92%) en relación ao mes anterior, mentres que en España aumentou en 3,7 c/L (9,66%), ata os 42,0 c/L. Respecto ao mesmo mes do ano pasado, o prezo medio pagado aos produtores subiu en Galicia un 24,70% (+8,1 c/L), mentres que en España fíxoo un 25,00% (+8,4 c/L). A diferenza entre o prezo medio pagado no Estado e en Galicia é de 1,1 c/L, cifra que ascendería a 1,8 c/L comparando o pagado en Galicia co prezo medio ponderado do resto de comunidades autónomas (42,7 c/L).
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) continúa amosando un diferencial de prezos máis grande entre Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal estandarizada é de 43,0 c/L, que aumenta ata 44,1 c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 41,3 c/L.
  • Os prezos de abril expresados en c/kg (40,68 en España e 39,71 en Galicia) son un 11,49% e un 13,60% inferiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-27 (todos sen estandarizar), que se situou en 45,96 c/kg (+5,70% respecto a marzo e +29,39% respecto a abril de 2021).
  • As entregas de leite ecolóxico en España ascenderon no mes de abril a 4.271 t (0,68% das entregas totais), cun prezo medio de 48,0 c/L. Destas, 2.165 t foron de produtores galegos (50,7% sobre o total nacional), representando o 0,86% das entregas totais de Galicia. O prezo medio pagado en Galicia situouse en 46,2 c/L.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.