13 Xuño 2019

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en abril 2019

O prezo medio do leite en abril de 2019 en Galicia situouse en 31,50 c/litro, o que supón un incremento de 0,20 c/litro (+0,64%) en relación ao mes anterior, sendo 0,70 c/litro superior ao de abril de 2018 o que supón un incremento do 2,27%. No canto das entregas, Galicia continua liderando as mesmas cun aumento con respecto ao mes de abril do ano pasado de 5.542 ton (+2,40%).

  • Galicia lidera as entregas de leite en abril, aumentando con respecto ao mesmo mes do ano pasado en 5.542 ton (+2,40%), mentres que no resto de España aumentan en +4.861 ton (+1,28%).
  • Se analizamos as entregas no período xaneiro-abril 2019 fronte a xaneiro-abril do 2018, Galicia segue a ser o líder absoluto cun aumento das entregas de 16.097 ton (+2,37%), seguida moi de lonxe por Castela León cun aumento de 3.748 ton (+1,65%), segunda comunidade en aumento de entregas nese período. No conxunto de España, no mesmo período, as entregas aumentaron en 4.189 ton (+0,23%), sendo Cataluña a Comunidade Autónoma que máis reduce as entregas (-9.267 ton) o que representa unha caída do 4,69%.
  • O prezo medio do leite en abril de 2019 en Galicia situouse en 31,50 c/litro, o que supón un incremento de 0,20 c/litro (+0,64%) en relación ao mes anterior, sendo 0,70 c/litro superior ao de abril de 2018 o que supón un incremento do 2,27%. O prezo en Galicia continúa sendo o máis baixo de España, situándose moi lonxe do acadado en Asturias (34,9 c/litro) ou a Comunidade Valenciana e o País Vasco (34,5 c/litro).
  • Ao contrario que en Galicia, o prezo en abril en España mantense igual con respecto ao mes de marzo, quedando nos 32,60 c/litro, pero si é un 2,52% superior ao de abril de 2018.
  • Os prezos de abril expresados en c/quilo (31,65 en España e 30,58 en Galicia) son un 7,83% e un 10,94% inferiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-28, que no mes de abril de 2019 diminuíu 0,05 c/quilo en relación a marzo de 2019, situándose en 34,34 c/quilo (-0,15%).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.