Documento nº 7

O elo forte da cadea: A produción

Introdución

A idea de sustentabilidade apoiase en tres vértices sendo todos eles igual de relevantes, para que unha actividade poda ser calificada de sustentable[1] deberá de selo dende o punto de vista medio ambiental, económico e social.

Pretendese con este pequeno texto reflexionar sobre os puntos fortes e febles do noso sistema de produción de leite e xustificar a produción de leite en Galiza baseada en recursos propios, para así garantir a supervivencia do sector lácteo galego. Finalmente se fará mención a cales deberían de ser os bimbios para que este sector produtivo perdure no tempo.

Antecedentes

En Galiza prodúcese leite dun xeito relevante dende o inicio dos anos sesenta, a produción de leite sempre viu da man da industrialización do producto. Avances na produción de forraxes e máis serodiamente a introducción do cultivo de millo como forraxe para a produción de leite fixeron que en corenta anos se doblara a produción de leite. A redución do número de explotacións e o incremento da produción por vaca foron constantes nos últimos trinta anos e así hoxe en día, tal e como se dixo, cun número moi inferior de vacas e de explotacións producimos o doble de leite que ao inicio dos anos oitenta.

 A produción de leite en Galiza sempre foi da man da terra, non houbo por unha banda gandeiros e por outra agricultores que forneceran de forraxe ás explotacións de leite. Ben é certo que nos últimos dez-quince anos o forte incremento na cantidade de leite non se viu acompañado por un incremento en paralelo da superficie agrícola necesaria para a produción de forraxes, esta circunstancia fixo que determinadas gandeiras se viran na necesidade de comprar material forraxeiro fora da explotación.

Dende o punto de vista técnico ás mellores explotacións leiteras de Galiza están ao nível tecnolóxico das explotacións de vangarda europeas, a nivel asociativo co xurdir de agrupacións de maquinaria en común, servizos de sustitución, recría de xovencas e servizos de xestión integral das explotacións podemos equiparar ás explotacións gandeiras galegas ás mellores explotacións do continente.

Condicionantes para a produción de leite en Galiza

O consumo de lacteos per cápita en España/Portugal é de 200 litros de leite equivalente por habitante e ano, acadando o consumo de leite líquido un 50% desta cantidade. A produción total de leite na Península Ibérica[2] está no entorno dos 7,5 millóns de Tm. (6,2 España e 1,2 Portugal continental), como ben é sabido esta produción non cubre nin de lonxe a demanda interna de productos lácteos que se ven complementa básicamente con producto elaborado, básicamente queixo, de procedencia UE.

Unha das características da produción de leite na Península é que está moi concentrada no noroeste, entre Galiza 2,4 Mtm., Asturias 0,6 Mtm e Norde de Portugal 1 Mtm[3], prodúcese  máis do 50% do leite da Península. Esta zona ten unha poboación duns 7 millóns de habitantes, que ven sendo tan só unha oitava parte da poboación peninsular. En consumo equivalente de leite o noroeste produce leite para uns vinte millóns de habitantes tendo un mercado interno que absorbe sobre un tercio do producido.

Esto lévanos a unha conclusión que por obvia non está moitas veces presente, Galiza debe producir leite para exportar, ten competidores próximos a ela e os mercados “naturais” en moitos casos están máis próximos a productores franceses que aos propios galaicos. Esta orientación exportadora dos nosos productos lácteos implica que  para seren competitivos teñamos que ser capaces de producir a baixo custe.

 Xa centrándonos en Galiza debemos decatarnos de que a situación é prácticamente excepcional a nivel peninsular, de cada cinco litros producidos catro son para o mercado exterior e básicamente en forma de leite líquido, xa que esta é a única industria de volume que temos ubicada no País.

A produción de leite en Galiza fortalezas e feblezas.

Producir leite é un labor complexo, tal e como se concibe en Galiza, conleva a produción de forraxes, o manexo do gando productor e a futura recría. Este labor implica un “saboire faire” que non resulta tan sinxelo como podería ser por exemplo un mero cambio dun cultivo nunha actividade agraria. Por elo debemos de destacar como un dos puntos fortes da produción de leite o feito de que en moitas das explotacións galegas estamos diante da terceira xeración de gandeiros/as que saben do oficio.

A produción de forraxes e outra das fortalezas coas que conta o sector, tal e como se indica no informe da UE[4] Galiza conta cunhas condicións naturais para a produción de forraxes que en poucos sitios de Europa se repite. Un clima suave, con precipitacións abundantes e veráns cálidos pero con algo de chuvia fan que Galiza sexa un dos territorios máis meridional da Unión Europea con condicións naturais acaidas para a produción de leite.

Asemade tal e como se reflicte en diferentes informes, as máis das zonas que teñen boas condicións para a produción de leite en Europa[5] están ao límite en canto a posibilidade de utilizar fertilizantes para o incremento da súa produción, sendo Galiza das poucas areas nas que ainda se está lonxe de acadar os límites impostos pola normativa de uso de fertilizantes nitroxenados.

Entre os aspectos que poderían ser tomadas como feblezas do sector destacaría básicamente dous: Primeiramente a falta de formación específica de técnicos que poidan asesorar a unha explotación de leite íntegramete, a produción de leite é unha actividade complexa que conleva coñecementos de agricultura, gandeiría, finanzas e xestión de equipas humanas entre outras, a día de hoxe non existe unha especialidade universitaria que nos poida dar estes coñecementos de maneira regrada para podermos ter os “conselleire agricole” franceses ou os “farm adviser” británicos.

Pero sen dúbida o maior handicap das nosas explotacións de leite é curiosamente unha das fortalezas descritas con anterioridade, ben e certo que temos un potencial magnífico para a produción de forraxes, pero a escaseza de terreo agrícola útil entre os gandeiros de leite é un laio constate entre os producitores, facendo que moitas explotacións teñan unha excesiva dependencia de insumos externos, restandolles competitividade para producir un leite a baixo custo.

O sistema de produción de leite. Puntos irrenunciables.

Serán os condicionates do mercado os que fagan que os sistemas de produción sexán máis ou menos existosos, os resultados económicos dun sistema de produción de leite, igualando o resto dos factores, depende do prezo dos insumos, básicamente alimentación e custo da man de obra, e do prezo percibido polo leite. Polo tanto a discusión de intensivo vs extensivo dependerá básicamente dos condicionantes do mercado e non do sistema de seu.

Agora si, debemos de ter en conta un par de factores que si que son irrefutables e son válidos para calquera tipo de explotación, o primeiro deles é que o número de vacas dunha explotación ten unha correlación moi estreita cos custes fixos da explotación, máis vacas para producir o mesmo leite implican uns custes fixos maiores por litro de leite xa que menor número de animais implica entre outras cousas un custe de amortización de instalacións menor e se aminoraría tamén a cantidade de alimento necesaria para a ración basal dos animais.

Ben e certo que o custes da alimentación vaise incrementantando na medida que aumenta a produción dos animais, é tamén irrebatible que segundo a lei de rendementos decrecentes, monetariamente son máis rendibles os primeiros kilos de alimento que consume un animal para facer leite que os  últimos.

Chegado a este punto vemos que na produción de leite deberemos de atopar o equilibrio entre unha alta produción e a rendabilidade que nos dan eses últimos kilos de concentrado que consumen as vacas.

Simplificacións como que as vacas en pastoreo producen moi barato ou as vacas canto máis leite dan máis rendibles son, non teñen fundamento técnico si son tomadas como axiomas na produción de leite. Polo que deberemos de ter en conta outros moitos considerandos que o final farán que cada explotación adapte o sistema ás súa peculiaridades.

Ate aquí non se escribiu nada que non valga para calquera productor de leite e enténdense porque os irlandeses cun prezo do leite normalmente baixo, exportadores de lácteos coma nós, e cunha capacidade alta de producir forraxes, van a producións unitarias por vacas medias. Entendese tamén porque en Cataluña onde básicamente cubren a demanda interna catalana de leite líquido[6] pódense permitir producións máis altas pagando un sobreprezo por forraxes desecadas de xeito artificial.

Polo tanto a fortaleza do sector lácteo galego está na irrenunciable capacidade de produción de forraxes. Non me estou a referir a capacidade de pastar que teñen algunhas explotacións que tamén, sinon a produción de forraxes para a alimentación de vacas estabuladas que a día de hoxe son a base da produción láctea galega. Esta produción de forraxes baséase nunha serie de puntos que paso a describir.

Unha forraxe producida fora da explotación conleva uns custes de transporte que son moi elevados se temos en conta a pouca materia seca coa que contan estes productos.

A compra de forraxes desecadas en certa medida palia o custe de transporte de auga pero réstalle competitividade ás nosas explotacións polo diferencial de prezo que teñen estes productos na súa orixe en comparación co prezo que acada en destino, onde ademáis do prezo do porte engadirémoslle o beneficio do inermediario que realiza a xestión.

A produción de forraxes na propia explotación fai que o valor engadido desta actividade revirta na propia área do gandeiro en forma de adquisición de insumos para a actividade.

O terreo cultivado revaloriza o valor das propias terras onde se cultiva.

A produción de forraxes na propia explotación é máis razonable tamén dende a perspectiva medioambiental ao xa que reducimos a pegada de CO2  ao evitar en gran medida o transporte de forraxes dende unha longa distancia.

Produción, formación, investigación e interprofesión.

Quedan abondo xustificadas as capacidades e a oportunidade que Galiza ten de producir leite, pero se estas capacidades non son acompañadas de estruturas mínimas para dotar ao sistema de fortaleza o sector segirá a ser un xigantate cos pés de chumbo.

A formación, a investigacións e a interprofesión deberían de ser tres piares básicos sobre o que se debería de sustentar a produción de leite do país. Non se está a dicir nada novo, nos países onde a produción de leite ocupa un lugar importante, tanto no social como no económico, estes tres instrumentos son fundamentais para o sostenemento dun sector lácteo activo no profesional e dinámico no social.

A formación de técnicos e gandeiros.

A produción de leite é una complexa actividade na que se entremesturan coñecementos de eidos tan dispares como a produción animal e de forraxes, xunto coa necesidade de coñecementos financieiros ou de seguridade no traballo. Este complexo entramado implica que o gandeiro titular dunha explotación debe de ter un bon asesoramento non só no campo da produción animal e vexetal, sinon tamén noutros eidos que son frucrais para un bon desenvolvemento da súa explotación.

A formación existente no sistema universitario galego dista moito de cubrir as necesidades que hoxe ten una explotación de leite. Poñendo como exemplo o que sería o plan de estudios dun alumno que se formara no sistema universitario irlandés e quixera especializarse en leite, o seu percorrido curricular na universidade serían catro anos de formación dentro do que o plan de estudios chama “Agricultural Sciencies”, os dous primeiros anos de formación son de asignaturas básicas tendo que escoller a especialidade no terceiro curso, dentro das especialidades existentes “Dairy Business” é a dos especialistas en leite, deste xeito durante dous anos na universidade os alumnos adquiren formación en produción de leite tanto no eido teórico como práctico.[7]

Por desgracia o sistema universitario galego adolece deste tipo de formación que é necesaria para poder entender e dar servizo ás explotacións de leite.

En canto a formación máis básica a oferta é escasa e pouco especializada para os alumnos. Cómo e posible que en toda Galiza, con máis de 10.000 explotacións de leite, exista unha sóa escola de capacitación agraria de ciclo superior onde se poida cursar parte de produción de leite. A única resposta posible é que por parte da sociedade e dos poderes públicos séguese a ningunear a formación agraria, xa que segue a persistir a crenza que de calquera é capaz de levar unha explotación agraria e polo tanto a formación é algo absolutamente prescindible.

Un investimento en formación agraria, que non gasto, afortalecería as propias explotacións sendo estes profesionais gandeiros os que demandarían técnicos de elevada formación cos que poder conducir as explotacións de leite.

A investigación agraria

Galiza conta cun centro de investigación agrarias con máis de 125 anos de historia, falamos por suposto do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) que xunto coa finca “Robles” en Pobra de Brollón, a finca “Marco da Curra” en Monfero e a estación de Salceda de Caselas conforman o sistema público galego de investigación agraria.

Cinguíndonos ao vacún de leite, no predio de Mabegondo existe un rabaño con máis de cen vacas adultas para experimentación en leite. Este recurso público a día de hoxe e a xoia da coroa da investigación en leite na Península Ibérica, xa que non existen nin en España nin en Portugal instalacións semellantes nas que se poida experimentar con rabaños de leite de tal embergadura.

Pero si ben é certo que se conta con estas magníficas instalacións, hai que denunciar que o desmantelamento dos recursos públicos, tanto financieiros como sobre todo de personal investigador, fan que o centro perda a pasos axigantados competitividade en canto a súa capacidade para xestionar proxectos de investigación.

A redución do personal investigador pola non reposición de prazas, xunto coa dramática reducción de bolsas de acceso a investigación para xóvenes investigadores, pode deixar eivada a investigación en leite en Galiza durante tempo. Só un dato por ter unha referencia, no centro de Investigacións Agrarias de Moore Park na República de Irlanda, en produción de leite hai máis de catorce doutores investigando, este número en breve doblará o total de doutores existentes no CIAM.

Pero deberá de ser o sector productor de leite a través dos mecanismos oportunos o que demande que esta investigación, por certo nos últimos anos feita a demanda das empresas do sector, continúe e estea a altura das circunstancias que demande o propio sector productor.

Si o sector segue, tal e como comente un compañeiro de Terra e Leite, a estar agachado da sociedade e o único que fai e laiarse ante ela, seguerá a darlle lástima a sociedade pero ese será o logro que consiga.

Interprofesión

O Real Decreto 1363/2012 regula e define as Organizacións de Productores Lácteos e a Interprofesional Láctea. Neste Real Decreto defínense os papeis a xogar por estes dous axentes sendo un deles, pero non o único, o de negociación de prezos coa industria. Estas ferramentas lexislativas serán o marco para que sexa o sector quen xogue un papel determinante no seu futuro.

Se estas organizacións van xogar exclusivamente o papel de negociar prezos, non comprían alforxas tan grandes para esta viaxe tan curta. No devandito Real Decreto e tamén no regulamento UE 1308/2013 defínense atribucións que poderían desenvolver os organismos ou asociacións anteriormente mencionados. Sería fundamental que paralelamente a negociación de prezos se desenvolveran estas atribucións entre as que están, por exemplo a de redución de custes de produción a traveso de servizos ou investigación para a innovación de novos sistemas ou procesos.

En Francia, por exemplo, considerábase que a distribución só podería estar integrada na interprofesión cando era un tipo de distribución especializada como viños, carnicerías froiterías... en xeral constituidas por pequenas empresas. Esta concepción cambiou radicalmente debido ao crecente papel que xoga a distribución e a nova estratexia desta de achegarse a produción, asumindo esixencias de seguridade alimentaria e rastrexabilidade que obrigan a colaboración entre os tres axentes implicados: Produción, industrialización e distribución.

O papel de dinamización do sector, de apoio e demanda de investigación, de creación de conciencia na sociedade sobre o papel do sector lácteo, son algúns dos obxectivos que estas organizacións deberían de xogar nun futuro. Está claro ademáis que un sector que este ano vai facturar por riba dos 1.000 Millóns de euros ten que ter capacidade para aportar recursos económicos para facer organizacións fortes e non dependentes.

En Galiza existe dende 1989 o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), podía ser este laboratorio un referente de como se deben de facer as cousas e de como cando partes, con intereses léxítimante non coincidentes pero cun obxectivo común, poden falar e quitar un proxecto común que xa con 25 anos de existencia foi un dos maiores logros do sector lácteo en Galiza.

Conclusións

A capacidade de produción de leite de Galiza está máis que demostrada cando estamos  perto de acadar os 2,5 Mtm.

E obvio que a produción de leite en Galiza tanto dende a perspectiva productiva como industrial debe de ter un carácter marcadamente exportador.

Un sistema de produción baseado en consumo de forraxes producidos no propio país fará que os custes de produción do leite sexan competitivos, e por tanto afortalecerá a capacidade de competir dos nosos productores.

Cunha política acaida en canto a movilidade de terras Galiza ten capacidade de producir máis e mellor leite.

A formación de técnicos e gandeiros deberá de ser unha prioridade para o propio sector, debendo de dotarse o sisteman universitario galego de estudios adecuados a demanda do sector.

A investigación debería de estar presente no desenvolvemento do sector, sendo este o que demande liñas de investigación acaidas ás súas necesidades.

A interprofesión e as OPL´s deberían ir alén da negociación de prezos, a súa independencia orzamentaria será a que lle dea capacidade para deseñar un sector segundo elas o entenden.


[1] Informe Brundtland(1987), froito dos traballos da Comisión Mundial de Medio Ambiente Desenvolvemento de Nacións Unidas, creado na Asemblea das Nacións Unidas en 1983.

[2] Faise mención a Peninsula Ibérica por ser este o mercado natural dos productos lácteos galegos. Os habitantes da Península son uns 55 millóns.

[3] Lembramos que a produción asturiana ubícase básicamente no occidente do Principado. A principal zona productora de leite no Portugal continental está entre Douro e Miño.

[4] Rural Development in the European Union. Report 2008. Direción Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural.

[5] No informe referido no punto 3 suliñanse como zonas preferentes para a produción de leite en Europa a fachada atlántica europea: Sur de Inglaterra, Irlanda e a faixa costeira que vai dende a Bretaña francesa ate o norde da Península de Jutlandia. Inclue tamén o val do Po en Italia, a Bavaria alemana.e Galiza.

[6] Cataluña produce unhas 600.000 Tm de leite que veñen a cubrir o consumos de leite líquido catalán, 7 millons de habitantes cun consumo de leite líquido de uns 90/100 litros por habitante e ano.

[7] O que suscribe o artigo tivo un ano de formación na Republica de Irlanda con profesores formados no sistema descrito con anterioridade, preguntados estes sobre o contido das materias da especialidade de “Dairy Business” a resposta foi do máis clarificadora: “Every thing bettween the soil and the wrap of the butter” (“Todo o que hai entre o solo e o envoltorio da manteiga”)


Traballo realizado por:

César Resch Zafra

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.