Enrique Sáez Ponte

Nado en A Coruña 1947.

Licenciado en Economía e Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. MBA do IESE (Barcelona). Profesional da empresa privada traballou trinta anos no Banco Pastor, ocupando postos de alta dirección nos derradeiros 14 anos desta etapa. Asistiu a cursos de especialización sobre temas financieiros na Northwestern Unirversity (Illinois, USA) e na Cambridge Unirversity no Reino Unido. Na actualidade preside a Fundación Juana de Vega e o grupo Torres&Sáez, foi presidente da Unión de Almacenistas de Hierros de España (2009-2014). É administrador doutras sociedades, patrón do Museo do Pobo Galego e asesor do IGADI. Ademais da súa actividade empresarial, ten amosado o seu interese polos temas económicos e sociais, especialmente polos que teñen que ver co desenvolvemento, a organización dos estados modernos e a  situación de Galiza. Intervén a cotío en cursos e seminarios e ten publicados numerosos artigos e dous ensaios: O mundo e nós e La energía oscura del dinero.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.