Edelmiro López Iglesias

Nado en Bilbao.

Profesor Titular no Departamento de Economía Aplicada da USC. De 1999 a 2005 foi Director do Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), de 2005 a 2009 foi Director Xeral de Desenvolvemento Rural na Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. A súa investigación vense centrando nos campos da economía e política agraria, o desenvolvemento rural e a economía galega, nos que ten dirixido quince proxectos de investigación e participado como investigador noutros vinte. Autor de varios libros e numerosos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas; ten actuado como consultor de diferentes organismos internacionais no ámbito das políticas agrarias e de desenvolvemento rural.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.