25 Xuño 2018

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en abril 2018

O prezo medio do leite en abril de 2018 continua baixando en Galicia situándose en 30,80 c/litro, o que supón unha diminución de 0,60 c/litro (-1,91%) en relación ao mes anterior. Con todo sitúase un 2,67% por enriba do de abril de 2017. No conxunto de España os prezos seguen a mesma tendencia baixista, pero sitúanse en 31,80 c/litro. As entregas de leite en abril de 2018 aumentaron en relación a abril de 2017 tanto en España +8.523 ton (+1,41 %) como en Galicia 4.085 ton (+1,80 %) .


25 Maio 2018

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en marzo 2018

As entregas de leite en marzo de 2018 aumentaron en relación a marzo de 2017 tanto en España +9.934 ton (+1,62 %) como en Galicia 4.935 ton (+2,14 %) o que supón o 49,68 % do incremento total de España neste mes. O prezo medio do leite en marzo de 2018 en Galicia situouse en 31,40 c/litro, o que supón unha diminución de 0,20 c/litro (-0,63%) en relación ao mes anterior.


19 Abril 2018

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en febreiro 2018

As entregas de leite en febreiro de 2018 aumentaron en relación a febreiro de 2017 tanto en España +20.128 ton (+3,73 %) como en Galicia 10.746 ton (+5,32 %), representando o incremento en Galicia o 53,39 % do incremento total de España. No entanto, Galicia é a Comunidade Autónoma que rexistra os prezos máis baixos no mes de febreiro (31,60 c/litro), despois do de Baleares (30,60 c/litro) e o de Aragón (31,50 c/litro).


17 Abril 2018

Informe da 25ª Reunión do Consello Económico do Observatorio do Mercado Lácteo Europeo (MMO) do 27 de marzo de 2018

As entregas de leite da UE aumentaron en 2017 en 1,8 % (+ 2,7 millóns t). A produción en xaneiro de 2018 continuou crecendo (+ 4% interanual equivalente a +500.000 t). Isto significa aproximadamente un terzo do que se pode considerar como crecemento sustentable durante todo un ano. A produción de queixo, manteiga e LDP tamén está en aumento (esta última nun 10% en xaneiro).


20 Marzo 2018

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en xaneiro 2018

Ruptura da tendencia alcista dos prezos do leite que se iniciara no mes de agosto de 2017, tanto en España como en Galicia, en consonancia co que acontece co prezo medio ponderado do leite na UE-28, onde este empezara a baixar no mes de decembro de 2017.


Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.