6 Novembro 2018

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en setembro 2018

As entregas de leite en setembro en España rompen a tendencia alcista que se viña producindo, diminuíndo en relación a setembro de 2017 en -4.918 ton (-0,89%). Pola contra, en Galicia, continúa a tendencia alcista aumentado as entregas en 4.366 ton (+2,03%). O prezo medio do leite en Galicia en setembro de 2018 aumentou en relación ao mes anterior, situándose nos 30,80 c/litro (+0,50 c/litro), pero é inferior ao de setembro de 2017 que era de 31,10 c/litro (-0,30 c/litro)


10 Outubro 2018

Informe da 27ª Reunión do Consello Económico do Observatorio do Mercado Lácteo Europeo (MMO) do 25 de setembro de 2018

As entregas de leite da UE aumentaron no período xaneiro a xullo en un 1,7 %. Os prezos medios do leite en granxa na UE comezaron a subir en xuño, chegando en xullo a 32,8 c / kg, sendo un 0.6% superior á media de 5 anos. Espéranse máis incrementos de prezos nos próximos meses.


9 Outubro 2018

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en agosto 2018

Galicia continúa liderando os incrementos das entregas en agosto do 2018 (+5.785 ton) seguida a moita distancia da Comunidade Valenciana (+714 ton) e de Castela León (+642 ton). O prezo medio do leite en Galicia en agosto de 2018 mantívose estable en relación ao mes de xullo nos 30,30 c/litro, e igual ao prezo de agosto de 2017, mentres que en España sufren un pequeno repunte (+0,64%)


17 Setembro 2018

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en xullo 2018

Galicia continúa liderando os incrementos das entregas en xullo do 2018 (8.940 ton) seguida a moita distancia de Castela León (1.088 ton). Pola contra, sete Comunidades Autónomas diminúen as entregas nese período, liderando as reducións Cantabria con 1.340 ton menos e Cataluña con 1.207 ton menos. No entanto, o prezo medio do leite en en Galicia continúa en xullo a tendencia baixista situándose en 30,30 c/litro, o que supón unha diminución de 0,10 c/litro (-0,33%)


10 Agosto 2018

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en xuño 2018

As entregas de leite en xuño de 2018 continúan a tendencia alcista aumentando en relación a xuño de 2017 tanto en España +19.417 ton (+3,36 %) como en Galicia 10.922 ton (+4,94 %) o que supón o 56,25 % do incremento total de España neste mes. O prezo medio do leite en xuño de 2018 en Galicia situouse en 30,40 c/litro, o que supón unha diminución de 0,10 c/litro (-0,33%) en relación ao mes anterior, sendo 0,70 c/litro superior ao de xuño do 2017 o que supón un incremento do 2,35%.


Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.