5 Agosto 2019

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en xuño 2019

Galicia lidera as entregas de leite en xuño, con 232.648 ton, representando un 38,64% das entregas en España (602.096 ton). O prezo medio do leite en xuño de 2019 en Galicia situouse en 31,10 c/litro, o que supón unha caída de 0,20 c/litro (-0,64%) en relación ao mes anterior, sendo 0,70 c/litro (2,30%) superior ao de xuño de 2018.

  • Galicia lidera as entregas de leite en xuño, con 232.648 ton, representando un 38,64% das entregas en España (602.096 ton). Neste mes aumentan as entregas con respecto ao mesmo mes do ano pasado en 689 ton (+0,30%), mentres que no resto de España aumentan en +4.088 ton (+0,68%).

  • Se analizamos as entregas no período xaneiro-xuño 2019 fronte a xaneiro-xuño do 2018, os maiores aumentos prodúcense en Galicia, 17.639 ton (+1,31%), e Castela León, 7.021 ton (+1,52%), primeira e segunda comunidades produtoras, mentres que as maiores reducións encóntranse en Cataluña, -9.877 ton (-2,50%), e Asturias, -5.111 ton (-1,78%), terceira e quinta comunidades produtoras. No conxunto de España, no mesmo período, as entregas aumentaron en 12.303 ton (+0,41%)

  • As calidades do leite en España seguen a tendencia habitual desta época do ano, cun descenso progresivo ata o verán. A graxa diminúe un 1,1% con respecto a maio, sendo un 0,8% maior respecto a xuño de 2018. Tamén continúan a ser estables as diferenzas entre a porcentaxe de graxa en Galicia e no resto de comunidades, un 6,5% maior no leite galego.

  • O prezo medio do leite en xuño de 2019 en Galicia situouse en 31,10 c/litro, o que supón unha caída de 0,20 c/litro (-0,64%) en relación ao mes anterior, sendo 0,70 c/litro (2,30%) superior ao de xuño de 2018. O prezo en Galicia continúa sendo o máis baixo de España, situándose moi lonxe do acadado en Asturias (34,6 c/litro), País Vasco (34,0 c/litro) ou Andalucía (33,9 c/litro).

  • O prezo en xuño en España baixou con respecto ao mes de maio un 1,23%, situándose en 32,10 c/litro, pero segue a ser superior ao de xuño de 2018 nun 2,56%. Se calculamos o prezo medio do leite en España sen ter en conta a Galicia, o prezo situaríase en 32,7 c/litro.

  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) reflicte aínda un prezo máis baixo en Galicia, en comparación co resto de comunidades autónomas, debido ás maiores calidades do leite galego citadas anteriormente.

  • Os prezos de xuño expresados en c/quilo (31,55 en España e 30,19 en Galicia) son un 6,68% e un 10,69% inferiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-28, que no mes de xuño de 2019 diminuíu 0,02 c/quilo en relación a maio de 2019, situándose en 33,81 c/quilo (-0,06%).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.