10 Agosto 2018

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en xuño 2018

As entregas de leite en xuño de 2018 continúan a tendencia alcista aumentando en relación a xuño de 2017 tanto en España +19.417 ton (+3,36 %) como en Galicia 10.922 ton (+4,94 %) o que supón o 56,25 % do incremento total de España neste mes. O prezo medio do leite en xuño de 2018 en Galicia situouse en 30,40 c/litro, o que supón unha diminución de 0,10 c/litro (-0,33%) en relación ao mes anterior, sendo 0,70 c/litro superior ao de xuño do 2017 o que supón un incremento do 2,35%.

Partindo da información publicada o 2 de agosto na páxina web do FEGA sobre DECLARACIONES OBLIGATORIAS EN EL SECTOR VACUNO DE LECHE. DATOS XUÑO 2018, e do Milk Market Observatory (historical EU Price serie of cow´s raw milk in euro/100 kg, de data 01.08.2018). Como síntese da análise dos datos que figuran neste informe, pode destacarse:

  • As entregas de leite en xuño de 2018 continúan a tendencia alcista aumentando en relación a xuño de 2017 tanto en España +19.417 ton (+3,36 %) como en Galicia 10.922 ton (+4,94 %) o que supón o 56,25 % do incremento total de España neste mes.
  • Galicia continúa liderando os incrementos das entregas en xuño do 2018 (10.922 ton) seguida a moita distancia de Castela León (2.596 ton). Pola contra, tres Comunidades Autónomas diminúen as entregas nese período: Cantabria (-359 ton), Baleares (-226 ton) e Extremadura (-14 ton).
  • Se analizamos as entregas no período xaneiro-xuño de 2018 fronte a xaneiro-xuño do 2017, Galicia segue liderando o aumento das entregas no que vai de ano con 52.163 ton, seguida moi de lonxe por Castela León (14.428 ton), segunda comunidade en aumento de entregas nese período. O aumento das entregas no conxunto de España nese período foi de 97.923 ton, representando Galicia o 53,27% do total do aumento.
  • O prezo medio do leite en xuño de 2018 en Galicia situouse en 30,40 c/litro, o que supón unha diminución de 0,10 c/litro (-0,33%) en relación ao mes anterior, sendo 0,70 c/litro superior ao de xuño do 2017 o que supón un incremento do 2,35%. O prezo en Galicia continúa sendo dos máis baixos de España despois do de Cantabria (30,30 c/litro), Aragón (30,30 c/litro), e do de Baleares (29,10 c/litro), pero lonxe do acadado en Asturias (33,90 c/litro).
  • Ao igual que en Galicia, o prezo en xuño en España tamén se reduce con respecto ao mes de maio, situándose nos 31,30 c/litro (-0,95%), sendo un 0,97 % superior ao de xuño de 2017.
  • Os prezos de xuño expresados en c/quilo (30,68 en España e 29,51 en Galicia) son un 5,04% e un 8,67% inferiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-28 que no mes de xuño de 2018 diminuíu 0,13 c/quilo en relación a maio de 2018, situándose en 32,31 c/quilo (-0,40%).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.