17 Setembro 2018

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en xullo 2018

Galicia continúa liderando os incrementos das entregas en xullo do 2018 (8.940 ton) seguida a moita distancia de Castela León (1.088 ton). Pola contra, sete Comunidades Autónomas diminúen as entregas nese período, liderando as reducións Cantabria con 1.340 ton menos e Cataluña con 1.207 ton menos. No entanto, o prezo medio do leite en en Galicia continúa en xullo a tendencia baixista situándose en 30,30 c/litro, o que supón unha diminución de 0,10 c/litro (-0,33%)

  • As entregas de leite en xullo de 2018 continúan a tendencia alcista aumentando en relación a xullo de 2017 tanto en España +9.157 ton (+1,55 %) como en Galicia 8.940 ton (+3,92 %) o que supón o 97,62 % do incremento total de España neste mes.
  • Galicia continúa liderando os incrementos das entregas en xullo do 2018 (8.940 ton) seguida a moita distancia de Castela León (1.088 ton). Pola contra, sete Comunidades Autónomas diminúen as entregas nese período, liderando as reducións Cantabria con 1.340 ton menos e Cataluña con 1.207 ton menos.
  • Se analizamos as entregas no período xaneiro-xullo de 2018 fronte a xaneiro-xullo do 2017, Galicia segue liderando o aumento das entregas no que vai de ano con 61.103 ton, seguida moi de lonxe por Castela León (15.517 ton), segunda comunidade en aumento de entregas nese período. O aumento das entregas no conxunto de España nese período foi de 107.080 ton, representando Galicia o 57,06 % do total do aumento.
  • O prezo medio do leite en xullo de 2018 en Galicia situouse en 30,30 c/litro, o que supón unha diminución de 0,10 c/litro (-0,33%) en relación ao mes anterior, sendo 0,40 c/litro superior ao de xullo do 2017 o que supón un incremento do 1,34%.
  • O prezo en Galicia continúa sendo dos máis baixos de España despois do de Cantabria (30,10 c/litro) situándose moi lonxe do acadado en Asturias (33,60 c/litro), que tamén diminúe en relación ao mes anterior en 0,30 c/litro (-0,88%).
  • Ao igual que en Galicia, o prezo en xullo en España redúcese con respecto ao mes de xuño, situándose nos 31,20 c/litro (-0,32%), sendo un 0,65 % superior ao de xullo de 2017.
  • Os prezos de xullo expresados en c/quilo (30,29 en España e 29,42 en Galicia) son un 7,76% e un 10,42% inferiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-28 que no mes de xullo de 2018 rompe a tendencia baixista iniciada en decembro de 2017 aumentado 0,53 c/quilo en relación a xuño de 2018, situándose en 32,84 c/quilo (+1,64%).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.