20 Marzo 2018

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en xaneiro 2018

Ruptura da tendencia alcista dos prezos do leite que se iniciara no mes de agosto de 2017, tanto en España como en Galicia, en consonancia co que acontece co prezo medio ponderado do leite na UE-28, onde este empezara a baixar no mes de decembro de 2017.

  • Continuando a tendencia alcista iniciada en marzo do ano pasado, as entregas de leite en xaneiro de 2018 aumentaron en relación a xaneiro de 2017 tanto en España +29.370 ton (+5,07 %) como en Galicia 12.437 ton (+5,68 %) o que supón o 42,35 % do incremento total de España neste mes.
  • Todas as Comunidades Autónomas analizadas incrementan as entregas en xaneiro de 2018, liderando Galicia os incrementos en termos absolutos.
  • O prezo medio do leite en xaneiro de 2018 en Galicia situouse en 31,70 c/litro, o que supón unha diminución de 0,5 c/litro (-1,55%) en relación ao mes anterior, sendo 1,4 c/litro superior ao de xaneiro de 2017 o que supón un incremento do 4,62%. O prezo en Galicia continúa sendo o máis baixo de España despois do de Baleares (31,30 c/litro).
  • O prezo en xaneiro diminuíu máis en España, 1 c/litro (-2,95%) situándose nos 32,90 c/litro, sendo un 4,11 % superior ao de xaneiro de 2017.
  • Estes datos indican unha ruptura da tendencia alcista dos prezos do leite que se iniciara no mes de agosto de 2017, tanto en España como en Galicia, en consonancia co que acontece co prezo medio ponderado da UE-28, onde este empezara a baixar no mes de decembro de 2017.
  • Estes prezos de xaneiro expresados en c/quilo (31,94 en España e 30,78 en Galicia) son un 10,41% e un 13,67% inferiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-28 que no mes de xaneiro de 2018 diminuíu 1,84 c/quilo en relación a decembro de 2017, situándose en 35,65 c/quilo (-4,91%).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.