8 Marzo 2017

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en xaneiro 2017

As entregas de leite en Galicia en xaneiro baixaron un 1,19 % en relación a xaneiro 2016, e tamén en España 1,36 %, seguindo a tendencia de descenso de produción iniciada en abril 2016. Continúa en España neste mes un desprazamento da produción de leite das rexións do Norte e Oeste cara as do Sur e Leste. Os prezos do leite en xaneiro seguen a tendencia ascendente iniciada en agosto, chegando a 30,30 c/litro en Galicia sendo o prezo mais alto desde que remataron as cotas en marzo 2015.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.