8 Decembro 2016

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en outubro de 2016

Os prezos do leite en outubro en Galicia seguen a tendencia ascendente iniciada en agosto chegando a 29,30 c/litro o que supón un incremento do 3,9 % en relación a setembro e un aumento do 2,09 % en relación a outubro 2015 sendo o prezo mais alto desde marzo de 2015. En España o prezo foi de 30,6 c/litro cun incremento do 3,38 % en relación a setembro. As entregas de leite en outubro baixaron en Galicia un 2,32 % en relación ao mesmo mes do ano anterior e tamén un 1,09 % no conxunto de España.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.