9 Xullo 2019

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en maio 2019

Galicia lidera as entregas de leite en maio, con 243.949 ton, representando un 38,25% das entregas en España (637.847 ton). O prezo medio do leite en maio de 2019 en Galicia situouse en 31,30 c/litro, o que supón unha caída de 0,20 c/litro (-0,63%) en relación ao mes anterior, sendo 0,80 c/litro (2,62%) superior ao de maio de 2018.

  • Galicia lidera as entregas de leite en maio, con 243.949 ton, representando un 38,25% das entregas en España (637.847 ton). Neste mes aumentan as entregas con respecto ao mesmo mes do ano pasado en 880 ton (+0,36%), mentres que no resto de España aumentan en +3.715 ton (+0,59%).
  • Se analizamos as entregas no período xaneiro-maio 2019 fronte a xaneiro-maio do 2018, Galicia segue a ser o líder absoluto cun aumento das entregas de 16.976 ton (+1,47%), seguida moi de lonxe por Castela León cun aumento de 5.145 ton (+1,34%), segunda comunidade en aumento de entregas nese período. No conxunto de España, no mesmo período, as entregas aumentaron en 7.904 ton (+0,26%), sendo Cataluña a Comunidade Autónoma que máis reduce as entregas (-8.562 ton), representando unha caída do 4,69%, seguida de Asturias (-4.166 ton), cunha caída dun 2,99%.
  • As calidades do leite en España seguen a tendencia habitual desta época do ano, cun descenso progresivo ata o verán. A graxa diminúe un 1,6% con respecto a abril, sendo un 1,1% maior respecto ao mesmo mes en 2018. Tamén continúan a ser estables as diferenzas entre a porcentaxe de graxa en Galicia e no resto de comunidades, un 6,8% maior no leite galego.
  • O prezo medio do leite en maio de 2019 en Galicia situouse en 31,30 c/litro, o que supón unha caída de 0,20 c/litro (-0,63%) en relación ao mes anterior, sendo 0,80 c/litro (2,62%) superior ao de maio de 2018. O prezo en Galicia continúa sendo o máis baixo de España, situándose moi lonxe do acadado en Asturias (34,9 c/litro), País Vasco (34,1 c/litro) ou Andalucía (34,0 c/litro).
  • O prezo en maio en España baixou con respecto ao mes de abril un 0,31%, situándose en 32,50 c/litro, pero segue a ser superior ao de maio de 2018 nun 2,85%. Se calculamos o prezo medio do leite en España sen ter en conta a Galicia, o prezo situaríase en 33,2 c/litro.
  • A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) reflicte aínda un prezo máis baixo en Galicia, en comparación co resto de comunidades autónomas, debido ás maiores calidades do leite galego citadas anteriormente.
  • Os prezos de maio expresados en c/quilo (31,55 en España e 30,39 en Galicia) son un 6,74% e un 10,17% inferiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-28, que no mes de maio de 2019 diminuíu 0,51 c/quilo en relación a abril de 2019, situándose en 33,83 c/quilo (-1,49%).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.