15 Xullo 2018

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en maio 2018

O prezo medio do leite en maio de 2018 continua baixando en Galicia situándose en 30,50 c/litro, o que supón unha diminución de 0,30 c/litro (-0,97%) en relación ao mes anterior. Con todo sitúase un 2,01% por enriba do de maio de 2017. No conxunto de España os prezos seguen a mesma tendencia baixista, pero sitúanse en 31,60 c/litro. As entregas de leite en maio de 2018 aumentaron en relación a maio de 2017 tanto en España +10.592 ton (+1,70%) como en Galicia 9.037 ton (+3,86%)

  • As entregas de leite en maio de 2018 continúan a tendencia alcista aumentando en relación a maio de 2017 tanto en España +10.592 ton (+1,70 %) como en Galicia 9.037 ton (+3,86 %) o que supón o 85,32 % do incremento total de España neste mes.
  • Galicia continúa liderando os incrementos das entregas en maio do 2018 (9.037 ton) seguida a moita distancia de Castela León (1.625 ton). Pola contra, catro Comunidades Autónomas diminúen as entregas no mesmo período, encabezadas por Cataluña (-863 ton) e seguida de Cantabria (-673 ton), Andalucía (-504 ton) e de Baleares (-355 ton).
  • Se analizamos as entregas no período xaneiro-maio 2018 fronte a xaneiro-maio do 2017, Galicia segue a ser o líder absoluto cun aumento das entregas de 41.241 ton, seguida moi de lonxe por Castela León (11.832 ton), segunda comunidade en aumento de entregas nese período. O aumento das entregas no conxunto de España nese período foi de 78.506 ton, representando Galicia o 52,53% do total do aumento.
  • O prezo medio do leite en maio de 2018 en Galicia situouse en 30,50 c/litro, o que supón unha diminución de 0,30 c/litro (-0,97%) en relación ao mes anterior, sendo 0,60 c/litro superior ao de maio de 2017 o que supón un incremento do 2,01%. O prezo en Galicia continúa sendo dos máis baixos de España despois do de Aragón (30,00 c/litro), e do de Cantabria (30,40 c/litro), pero lonxe do acadado en Asturias (34,10 c/litro).
  • Ao igual que en Galicia, o prezo en maio en España tamén se reduce con respecto ao mes de abril, situándose nos 31,60 c/litro (-0,63%), sendo un 1,28 % superior ao de maio de 2017.
  • Os prezos de maio expresados en c/quilo (30,87 en España e 29,60 en Galicia) son un 4,84% e un 8,72% inferiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-28 que no mes de maio de 2018 diminuíu 0,18 c/quilo en relación a abril de 2018, situándose en 32,44 c/quilo (-0,55%).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.