19 Abril 2018

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en febreiro 2018

As entregas de leite en febreiro de 2018 aumentaron en relación a febreiro de 2017 tanto en España +20.128 ton (+3,73 %) como en Galicia 10.746 ton (+5,32 %), representando o incremento en Galicia o 53,39 % do incremento total de España. No entanto, Galicia é a Comunidade Autónoma que rexistra os prezos máis baixos no mes de febreiro (31,60 c/litro), despois do de Baleares (30,60 c/litro) e o de Aragón (31,50 c/litro).

  • Continuando a tendencia alcista iniciada en marzo do ano pasado, as entregas de leite en febreiro de 2018 aumentaron en relación a febreiro de 2017 tanto en España +20.128 ton (+3,73 %) como en Galicia 10.746 ton (+5,32 %) o que supón o 53,39 % do incremento total de España neste mes.
  • Todas as Comunidades Autónomas analizadas incrementan as entregas en febreiro de 2018, liderando Galicia os incrementos en termos absolutos.
  • O prezo medio do leite en febreiro de 2018 en Galicia situouse en 31,60 c/litro, o que supón unha diminución de 0,1 c/litro (-0,32%) en relación ao mes anterior, sendo 1,4 c/litro superior ao de febreiro de 2017 o que supón un incremento do 4,64%. O prezo en Galicia continúa sendo dos máis baixos de España despois do de Baleares (30,60 c/litro) e do de Aragón (31,50 c/litro).
  • O prezo en febreiro en España mantense igual que no mes anterior (32,90 c/litro), sendo un 4,11 % superior ao de febreiro de 2017.
  • Os prezos de febreiro expresados en c/quilo (31,94 en España e 30,68 en Galicia) son un 7,31% e un 10,96% inferiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-28 que no mes de febreiro de 2018 diminuíu 1,05 c/quilo en relación a xaneiro de 2018, situándose en 34,46 c/quilo (-2,96%).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.