25 Xuño 2018

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España en abril 2018

O prezo medio do leite en abril de 2018 continua baixando en Galicia situándose en 30,80 c/litro, o que supón unha diminución de 0,60 c/litro (-1,91%) en relación ao mes anterior. Con todo sitúase un 2,67% por enriba do de abril de 2017. No conxunto de España os prezos seguen a mesma tendencia baixista, pero sitúanse en 31,80 c/litro. As entregas de leite en abril de 2018 aumentaron en relación a abril de 2017 tanto en España +8.523 ton (+1,41 %) como en Galicia 4.085 ton (+1,80 %) .

  • Continuando a tendencia alcista iniciada en marzo do ano pasado, as entregas de leite en abril de 2018 aumentaron en relación a abril de 2017 tanto en España +8.523 ton (+1,41 %) como en Galicia 4.085 ton (+1,80 %) o que supón o 47,93 % do incremento total de España neste mes.
  • Galicia continúa liderando os incrementos das entregas en abril do 2018 (4.085 ton) seguida de Cataluña (1.427,70 ton) e de Castela León (1.179,20 ton). Pola contra, cinco Comunidades Autónomas diminúen as entregas no mesmo período, encabezadas por Andalucía, e seguida de Cantabria, Baleares, Estremadura, País Vasco e Madrid.
  • Se analizamos as entregas no período xaneiro-abril 2018 fronte a xaneiro-abril do 2017, Galicia segue a ser o líder absoluto cun aumento das entregas de 32.204 ton, multiplicando por algo máis de tres o aumento das entregas no mesmo período de Castela León (10.207 ton), segunda comunidade en aumento de entregas nese período. O aumento das entregas no conxunto de España nese período foi de 67.914 ton, representando Galicia o 47,42% do total do aumento.
  • O prezo medio do leite en abril de 2018 en Galicia situouse en 30,80 c/litro, o que supón unha diminución de 0,60 c/litro (-1,91%) en relación ao mes anterior, sendo 0,80 c/litro superior ao de abril de 2017 o que supón un incremento do 2,67%. O prezo en Galicia continúa sendo dos máis baixos de España despois do de Aragón (30,50 c/litro), situándose neste mes igual que o de Cantabria, pero lonxe do acadado en Asturias (34,20 c/litro).
  • Ao igual que en Galicia, o prezo en abril en España tamén se reduce con respecto ao mes de marzo, situándose nos 31,80 c/litro (-1,85%), sendo un 1,60 % superior ao de abril de 2017.
  • Os prezos de abril expresados en c/quilo (30,87 en España e 29,90 en Galicia) son un 5,36% e un 8,34% inferiores, respectivamente, ao prezo medio ponderado da UE-28 que no mes de abril de 2018 diminuíu 0,92 c/quilo en relación a marzo de 2018, situándose en 32,62 c/quilo (-2,74%).

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.