2 Setembro 2016

Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e en España en xullo 2016

En xullo mantense a tendencia á baixa das entregas de leite, que diminuíron en España un 0,35 % e en Galicia un 0,26 % en relación a xullo 2015. A cantidade total entregada no que vai do ano 2016 aínda é superior á do mesmo período de 2015, tanto en Galicia (+0,74 %) como en España (+1,42 %) e tamén no resto das Comunidades Autónomas agás Cantabria. O prezo en xullo en Galicia (26,80 c/litro), é un 0,37 % mais baixo que en xuño, e un 2,90 % inferior a xullo 2015.

Newsletter

A través da nosa newsletter manterémolo informado das novas publicacións e eventos.