17 Abril 2018
As entregas de leite da UE aumentaron en 2017 en 1,8 % (+ 2,7 millóns t). A produción en xaneiro de 2018 continuou crecendo (+ 4% interanual equivalente a +500.000 t). Isto significa aproximadamente un terzo do que se pode considerar como crecemento sustentable durante todo un ano. A produción de queixo, manteiga e LDP tamén está en aumento (esta última nun 10% en xaneiro).